Reimóndez, María
Ed. Xerais
CASTRELOS
Gústalle baixar ao parque de Castrelos onde ve a xente a correr pero sobre todo onde pode observar cans e experimentar as árbores, as pingas que caen no outono e a fronde da primavera vanlle marcando o paso dos días.
MADROA
Por iso avanza con Risco igualmente ata a Madroa no medio da choiva e do vento (a menos que haxa ameaza de temporal e poidan caer árbores).
A PEDRA
Quedou con Suso preto da Pedra e camiñaron pola rúa abaixo. O local abríase nunha porta pequena onde atordaban as gaitas.
AVENIDA DE CASTRELOS
A avenida de Castrelos vai quedando atrás e tamén a praia de Samil á súa beira dereita ata que chegan ao Vao.
ILLA DE TORALLA
O día está anubrado e case non hai xente cando cruzan cara á illa de Toralla.