Unha historia que non vou contar

Cid Cabido

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

GRAN HOTEL DE VIGO

O seu apartamento no Gran Hotel de Vigo quedaría baleiro durante meses, a excepción dalgunha posible escapadiña de retorno pra non perder contacto cos amigos ou facer un alto na súa máxima concentración filosófica e na lectura dos grandes pensadores de todos os tempos.

CHAPELA

Estimulado polas expectativas de Paula sobre o meu traballo como escritor, ó día seguinte pola mañá presenteime nos locais da empresa Faro de Vigo en Chapela, disposto a recadar as noticias publicadas no seu día sobre o suceso en cuestión.

RÚA FELIPE SÁNCHEZ

O cadáver atopouse ás cinco da madrugada nas oficinas que tiña a Unión Conservera na rúa Felipe Sánchez, en Vigo.

RÚA MÉXICO

Fomos á Taberna de Moncho -unha pequena viñatería no alto da rúa México-, onde pedimos unha boltella de Tobelos, tinto e Rioxa, por suposto.

CAFÉ CATRO A CATRO

Xuraría eu que foi a mediados de marzo de 2006, cando Juan, o actual propiatario do Café de Catro a Catro, convocou ós seus clientes de vello pra celebraren o vintecinco aniversario da apertura do local.

GUIXAR

Logo de labirínticas investigacións xudiciais, interrogatorios, careos e peritaxes, chégase á conclusión de que en total desapareceran dos depósitos de Guixar 4.036.052 quilogramos de aceite, valorados en 167.615.172 pesetas.

DOUTOR CADAVAL

Unha noite, ó saír do Manteca, alguén propuxo ir tomar a arricandeira ó Toni’s, un tugurio antigo que hai na rúa Doutor Cadaval, do que xa creo ter falado.

FÁBRICA ALFAREM DE BOUZAS

-Verá, é que hai algún tempo falei con el en Vigo e contoume que un seu avó fora quen fixera o mural dos gatos na fábrica de Alfarem en Bouzas.

LA ARTÍSTICA

Logo, animado por aquela pequena dose de información, púxenme a buscar máis datos sobre La Artística, e descubrín que fora fundada en 1906 por Eugenio Fadrique, quen tamén presidiu a Cámara de Comercio dende 1931 a 1947.

CASTRO (CAFETERÍA)

Chámame pra quedar comigo nunha cafeteria do Castro, á que eu xamais fora con ela. Unha especie de balcón de Vigo, que leva aí toda a puta vida.

GUÍA

Agora que recordo e reflexiono unha vez máis sobre esa grata conversa con Tonche e Mabel hai case dous anos naquela casa de comidas da Guía, doume conta de que na realidade, salvo casos extraordinarios, nunca se producen revelacións de corte novelesco.

COIA

Cara ó fondo os edificios do barrio de Coia e polo medio unha masa de casas entremesturadas na distancia. Pero de noite as luces das farolas definían moi ben o trazado das rúas.