A memoria da choiva

Feijoo, Pedro

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

TRAVESÍA DE VIGO

Até onde eu recordaba, a rúa Travesía de Vigo era unha especie de avenida ampla, unha das vellas entradas á cidade vindo desde Redondela, e sen maiores dificultades que os dous sentidos de circulación.

RÚA ARAGÓN

Hoxe, a confluencia da Travesía coa rúa Aragón é unha rotonda xigantesca na que o señor Pancho Capón vería ipso facto espazo suficiente para a aterraxe dos discos voadores extraterrestres, cun paso subterráneo de catro carrís, o acceso a un xigantesco centro comercial construído sobre os restos dunha estación eléctrica abandonada …