Os Gotten

Álvarez Cáccamo, Alfonso

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

AVENIDA DE CANIDO

Hai un edificio vello na Avenida de Canido número 12 que ten tres andares, os tres alugados. Polos seus traballos, con horarios non coincidentes, os inqulinos apenas se coñecen.

CAMELIAS

Onte volvín verme, ¡despois de tempo!, atravesando a rúa xusto por diante de min cando estaba detido nun semáforo das Camelias.

INSTITUTO SANTA IRENE

Deume moitísima alegría atoparme de novo desde aqueles fermosos días nos que eu e eu usabamos trencas idénticas de cor marrón e eramos os máis progres do Instituto Santa Irene.

RÍO LAGARES

Á volta, nun anoitecer vermello daquela época na que aínda voaban os cormoráns extraviados por enriba das augas limpas do río Lagares, …

HOSPITAL MEIXOEIRO

Só eu coñecía daquela as causas da súa morte pero non tiven outro remedio que calar para que non se burlasen de min ou tentasen internarme na Planta de Psiquiatría do Hospital do Meixoeiro, ou, o que é peor, me detivesen e acusasen dun crime que non cometín, e que ningún ser humano cometeu.

TRAVESAS

… Mara e Celso, aínda que non eran novos, tiñan moitos proxectos para o futuro: a xubilación, a venda do piso das Travesas e, cos aforros e a ganancia, mercar unha casiña á beira da praia para descansar, ler, pasear, gozar da natureza…