Cabalos e lobos

Lorenzo, Fran P

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

GRAN VÍA Nº 2

A morte de papá abateu o loito sobre a alma de Gloria e converteu a casa de Gran Vía nº 2 nunha embaixada da infelicidade.

HOTEL LISBOA

No Hotel Lisboa, ao outro lado da avenida, algúns hóspedes espertan co ruído e acenden as lámpadas do seu dormitorio.

HOSPITAL XERAL

Unha ambulancia ábrese paso Gran Vía arriba, cara ao Hospital Xeral. Había ser eu a que vai dentro, apegada a un monitor, se non estivese aquí, absorta, despedíndome.

HOTEL UNIVERSAL

A esperanza fosilizada nunha fotografía, velaí o avismo. Esta, por exemplo: mamá con papá na terraza do Hotel Universal, diante dun velador de mármore, á sombra dunha palmeira.

COLEXIO CLUNYL

É unha imaxe singular por varios motivos. O bulevar da Gran Vía deserto, nun Domingo de Ramos. Ao fondo o portón do colexio de Cluny.

CEMINTERIO DE PEREIRÓ

Gunter representou ademais o vínculo definitivo dos Beckmann con Vigo, pois foi el quen estreou o panteón familiar no cemiterio de Pereiró.

ZONA FRANCA

Primeiro agocheime nun portal e despois corrín entre as fundas azuis dos operarios, esquivando as porras, os botes de fume e os berros que chegaban ás Travesas desde os estaleiros da ribeira e desde a Zona Franca.

COLEXIO ALEMÁN

O Colexio Alemán de Vigo foi, nesa altura, un acubillo e unha base de operacións para soldados, espías e tripulacións de submarinos alemáns que fondeaban na ría. Tan intensa foi a súa actividade durante a II Guerra Mundial que os estadounidenses, en 1945, incautáronse do inmóbel para logo venderllo ao goberno de Franco, quen acabou por devolverllo á colonia alemá.

CALVARIO

A luz da mañá desauga limpa desde o alto do Calvario. Á noite choveu e Vigo amence un día máis alfombrado de panfletos mollados.

COLÓN

Na man aperto o sobre e apuro o paso até o número 30 de Colón.

MARQUÉS DE VALLADARES

O piano vendeuse e cos cartos que a mamá lle deu por el un acreditado melómano -un notario con despacho en Marqués de Valladares- decidiu abrirme unha conta na Caixa de Aforros.

HOTEL LA UNIÓN

Que Albert Beckmann fose un daqueles cabaleiros que el retratou, traxe cruzado e sombreiro, asisitido por un limpabotas na tarraza do Hotel La Unión, na rúa do Príncipe, mentres soa un tango manchado de sangue; …

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

Organizáronse concentracións e boicots á entrada das salas e Ursula estivo alí, na porta do teatro Rosalía de Castro, en Vigo, embutida nun elagante abrigo negro e co pelo recollido.

CANTEIRAS DE CASTRELOS

Pedra tamén branca, case inmaculada, carrexada desde as canteiras de Castrelos e lista para ser puída. Nunca faltou pedra nesta cidade, porque é a materia prima da que está feita.

SANTA CLARA

…, e o feito de que Castro Represas utilizase unha única linguaxe arquitectónica para lles falar aos obreiros das porcelanas Santa Clara e ás elegantes señoras viguesas, que tomaban un vermú con sifón na varanda do club, mentres contemplaban as velas dunha regata ou a atracada dunha embarcación.

PRIVADA MODERNA

Cando ao día seguinte subo o tramo de Urzáiz que me separa da Privada Moderna, por diante do Jardín Park, convénzome a min mesmo de que é a curiosidade bibliófila a que me guía até a casa de Bruno.