Os fillos do mar

Feijoo, Pedro

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

ESTRADA DAS PRAIAS

Para entón, o meu volante xa escollera facer o regreso pola estrada das praias, polo Vao, As Barcas, A Sereíña, Samil, tranquilo, devagar.

NÚMERO 2 PASEO DE ALFONSO

“A cova”, coma eu lle chamaba, era en realidade un pequeno apartamento no número 2 do Paseo de Afonso XII, un vello edificio marcado como espazo protexido polo catálogo de edificios históricos do Concello.

OLIVEIRA

Tiña o espazo xusto para traballar e vivir nel, e o edificio estaba en pleno centro da cidade, xusto a carón da Oliveira -a árbore símbolo da cidade, a mesma que aparece no seu escudo-, a escasos trescentros metros da Porta do Sol, e ao ladiño mesmo do Baiona, …

CEMITERIO DE PEREIRÓ

Así que aló estaba eu, chantado no cemiterio de Pereiró, o vello camposanto da cidade, aos pés do monumento a Concepción Arenal, baixo unha choiva mesta e constante, e sen máis paraugas cás millas guedellas.

NÚMERO 17 DA RÚA URZÁIZ

O número 17 quedaba na marxe esquerda da rúa, pero preferín subir pola beirarrúa dos pares. Eu sabía que ese número estaba ocupado por un dos edificios de Pacewicz.

DERBY

O Derby abrira as súas portas no ano 1921, e as súas paredes escoitaran as discusións sobre arte, literatura, política ou fútbol de homes coma Catelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Cunqueiro… Estaba nos baixos do Edificio Escalera, ao que toda a xente na cidade chamaba “O Globo” por causa dunha enorme esfera terráquea iluminada que coroaba unha das súas esquinas, a de Príncipe con Ronda de Don Bosco.

CANIDO

Canido é unha pequena baía artificial ao abeiro da ponte que suxeita a Illa de Toralla á praia do Vao, e as poucas gamelas que quedan no porto parecen postas aí polo departamento de Turismo do Concello.

HOTEL UNIVERSAL

Chegou cargado con apenas catro baúis, unha fortuna inimaxinable, e a decisión firme de non dar un paso atrás. Instalouse no Hotel Universal, xusto a carón do porto, aínda coa intención primeira de pasar unha tempada en Vigo, outra en Barcelona, e logo decidir.

RÚA JACINTO BENAVENTE

Na rúa Jacinto Benavente, paralela por tras da avenida de Beiramar, só hai vellísimos almacéns de sabe deus que mercancías, ou as inmensas naves frigoríficas das empresas de conxelados, cos seus barcos amarrados xusto ao outro lado da avenida.

PORTA DO SOL

O plus da cafeína non era necesario, así que decidín seguir o meu camiño até a Porta do Sol.

TEATRO GARCÍA BARBÓN

Pasamos o teatro García Barbón e continuamos até o cruzamento con Velázquez Moreno, onde xiramos á esquerda para baixar cara á Alameda. Até Jackob Neumann Antigüidades.

VELÁZQUEZ MORENO

Unha berlina antiga, un vello Mercedes de cor negra, detense diante do edificio Yáñez, na esquina da rúa Veláquez Moreno coa praza de Compostela, a Alameda.

CÍES

As Bocas é como se lles chama aos espazos que hai aos extremos das illas Cíes. Así, a Boca Norte, ou a Porta Grande, como tamén lle chaman aquí os mariñeiros, é o corredor que queda entre a illa de Monteagudo e o cabo Home, no extremo occidental da península do Morrazo, un estreito de fortísimas correntes, só menos perigoso cá Porta Pequena, o paso que hai na Cíes entre a illa do Faro e a illa de San Martiño. A Boca Sur é o espazo comprendido entre a illa de San Martiño e o cabo Silleiro, ao suroeste de Baiona.

ILLA DE SAN MARTIÑO

Vostedes veñen buscar o ouro afundido. E van ir buscalo ao sur da illa de San Martiño, aos arrecifes, porque aí foi onde o Santo Cristo de Maracaibo bateu cos diques.

O JONATHAN

O Jonathan. Karina Fálagan puxéralle ese nome ao seu bar sobre a praia de Samil en lembranza dun noivo mariñeiro que tivera moitos anos atrás, cando o mar aínda era novo.