O señor Lugrís e a negra sombra

Rei Núñez, Luís

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

QUIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS (Berbés)

Sempre deixaba para o final a Mario Granell, con quen por aquel tempo me acostumei a estirar as noites nunha xolda que adoitabamos rematar co atraque no Quiosco das Almas Perdidas, en pleno Berbés.

GRAN HOTEL

Unha vez insistiu Lugrís en que Barreiro o acompañase a ver os murais que el pintara no edificio Pacewick cando Cesáreo González, o todopoderoso produtor de Suevia Films, o transformou no máis luxoso hotel de Vigo. A operación incluíu un cambio de nome, o Hotel Moderno pasaba a chamarse Gran Hotel, …

GALERIAS DURÁN

Tamén na noite en que Barreiro quixo facer de guía no Yuma tocou o Lugrís carallán. O Yuma estaba nos baixos de Galerías Durán, e era un local (dos que eufemisticamente comenzaban a chamarse ), onde Barreiro traballara como decorador, e onde agora pertence á parroquia de habituais.

RÚA CIRCO

Conta para iso coa vantaxe dun local que non pode estar máis céntrico, na vella Rúa do Circo, a carón do cine Tamberlick, e o certo é que Librouro non tardará en soar como un dos mellores establecementos do industrioso Vigo, …

MARQUÉS DE VALLADARES – CARRAL

Daquela permítese algunha das fondas onde conta con crédito. Son a Bos Aires, na rúa Marqués de Valladares, A Chata, na rúa Carral, e, sobre todo, A Viúva, que tamén é tasca e queda a un paso do Elixio.

HOSPITAL MUNICIPAL

…, o pavillón número 2 do Hospital Municipal é a compaña; á parte doutras cousas, tamén agradables, si señor.

DOUTOR CADAVAL

O libreiro Patiño tiña copia das chaves de Doutor Cadaval, onde se ocupaba dos recibos, e traíalle a correspondencia dos últimos días: media ducia de cartas que o pintor lle fixo abrir, e ler, unha por unha.