Morena, perigosa e románica

Feijoo, Pedro

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

TRONCAL

…; ou o de que o edificio restaurado é en realidade un dos vellos edificios de Fenosa, as famosísimas que a eléctrica construíra por catro cadelas xusto en fronte da vella subestación do Troncal a finais dos anos sesenta, e que, desde aquela, non coñeceu máis restauración que os bares de mala morte que hai nos seus baixos e unha precaria capa de pintura dada a mediados dos anos noventa; …

MANUEL NÚÑEZ

Cantas e cantas horas alí metidas, observando o tráfico da rúa Manuel Núñez no seu encontro coa de Urzáiz, e sempre sen deixar de comer, unha detrás doutra, as súas viandas máis coñecidas. Si, Deus o bendiga, ese é o Carballo que a esta banda da ría todo o mundo coñece: o famoso bar das empanadillas.

PORTA DO SOL

Pasado o monumento que aquí todo o mundo coñece por o Sireno, símbolo perfecto para unha cidade de beleza imperfecta, crucei ao outro lado da Porta do Sol polo seu paso de peóns, ese extraño prodixio da luminotecnia, mestura entre sala de festas e pista de aterraxe para naves espaciais, …

CASA DA CULTURA

Atravesei a praza para mirar pola cristaleira do bar Cosmos, o verdadeiro centro de reunión e mando das forzas vivas do lugar. En vista de que alí as miñas investigacións foron tamén infrutuosas, e sen máis nada en que despistar a atención, descubrinme a min mesmo sorrindo fronte á Casa da Cultura, sede da Fundación Penzol.

XOAQUÍN YÁÑEZ

Nada nos Soportais, nin no Grettel nin no Princesa. Saín da praza xa co ánimo un pouco tocado (todo hai que dicilo), baixando esta vez pola rúa Xoaquín Yáñez. Á altura do bar de Cholo volvín probar sorte.

RÚA CARRAL

Subimos pola costa de Carral arriba e, ao dobrar á esquerda na Porta do Sol, a rúa Policarpo Sanz foi ascendendo mainamente, un detrás de outro, todos os seus farois para nos dar a benvida.