AMOR DE SEREA

JAUREGUIZAR

 

Editorial Xerais

Localizacións

Rúa Gamboa. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PORTA GAMBOA

Empezou a chantalo na madeira da Porta de Gamboa con folgos poderosos, pero un fusileiro galo acertoulle, deixándoo morto. A multitude asaltante asustouse, pero Cachamuíña adiantouse con outo machado.

Xeolocalización

42.23924023158552, -8.725010142508633

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Fonte da Falperra. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FALPERRA

O barrio que deixamos atrás é Falperra. Aí está o Campo de Granada, que foi unha carballeira que se usaba como campo da feira. Velaí o aparatoso edificio do Concello, esoutro que ves alá é a Panificadora. Ai, a Panificadora!

Xeolocalización

42.23506772489195, -8.728713859750114

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Monte de A Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A GUÍA

Comenzou falando sobre o corsario máis famoso, Francis Drake. Asaltou Vigo en 1585 empezando por bombardear O Berbés para tomar o monte da Guía.

Xeolocalización

42.25631779706381, -8.702433832765758

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

COIA

Despois de bombardear o núcleo, mandou sete mil homes a desembarcar en Coia e no Berbés. Prendeu lume a trescentas casas de Vigo e trina e sete de Bouzas, así como ás igrexas da bisbarra.

Xeolocalización

42.22179397942839, -8.74106079623981

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Igrexa de Santa Cristina de Lavadores

SANTA CRISTINA DE LAVADORES

Salvouse unicamente a de Santa Cristina de Lavadores grazas a uns voluntarios que derrotaron aos británicos nos Choróns.

Xeolocalización

42.226791860644084, -8.697006129062066

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Sereo, Edificio el Moderno Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SEREO

A través da ventá mirei un ser deforme que voaba á altura daquel sexto andar. A cabeza era grande, pero con apariencia de home normal. O anormal eran as dúas ás unidas directamente coas pernas, como se carecese de tronco. A pel metía medo porque era prateada.

Xeolocalización

42.23807866145648, -8.724926159750089

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

A Madroa. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MADROA

Pero que clase de xornalista es? Se levan os leóns da Madroa tampouco te decatarías? Queres mover o cu?

Xeolocalización

42.2488204380603, -8.67496347747228

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

MARCO, rúa do Príncipe

MARCO

Para rematar, indicoume que me achegase ao Museo de Arte Contemporánea (Marco), na rúa do Príncipe. O centro cultural ocupa o edificio dun artigo cárcere e xulgados, construído en 1880 e reformado como centro de actividades artísticas no ano 2002.

Xeolocalización

42.23576123570263, -8.721132457741655

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Museo do Mar

MUSEO DO MAR

No seu texto citábame para as 13:30, media hora máis tarde, no Museo do Mar.

Xeolocalización

42.22427227774345, -8.770198130914377

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

A Laxe Estación Marítima Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

A LAXE

Imaxinade unha loura preciosa, cuns ollos máis azuis ca o mar nas illas Cíes, cun pelo máis ordenado ca o aparcadoiro robotizado da Laxe.

Xeolocalización

42.24081600759848, -8.727447630913922

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

La Industriosa Museo do Mar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LA INDUSTRIOSA

Sanjurjo Badía instalou o taller de fundición La Industriosa na zona de Guixar, no que é agora a rúa de García Barbón, en 1860.

Xeolocalización

42.23700137560602, -8.714088673086119

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Avenida Atlántida, Vigo cidade de cor Popay

AVENIDA ATLÁNTIDA

Polo camiño que conducía á avenida Atlántida, Maika informouse de que don Anxo a mandara para que me quitase fotografías baixo a auga.

Xeolocalización

42.22226787022928, -8.761988046103344

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Cines Gran Vía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CINES GRAN VÍA

Veña, neno! Que isto non é unha película que vaian pasar nos Cines Gran Vía…

Xeolocalización

42.22047666885774, -8.724838328906007

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2013

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Gamboa

Zona vella, Casco Vello

Liña 2

Gamboa

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar