Amor é unha palabra coma outra calquera

Castro, Francisco

Ed. Galaxia

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

LAVADORES

Contoulle que vivía pola zona de Lavadores, ou sexa, nun dos moitos barrios da bisbarra de Vigo, que comprara casa pagando en man a un amigo construtor, e que só quería iso na vida: cartos, cartos e cartos.

CAFETERÍA DO CASTRO

Ela escribe que si. A cafetería do Castro, no monte do mesmo nome de Vigo. Sabe cal é.

ALAMEDA

Ás sete?, propón ela, non, antes, así aproveitamos algo de luz, di el, e onde queres que quedemos?, el desta volta non dubida e dille que pola Alameda, que así poden pasear, …

ZONA VELLA

A camiñada empezou pola Zona Vella. Subiron e baixaron rúas. Descenderon ata o Berbés e enchéronselle os pulmóns co recendo agre do peixe arricado ao mar. Seguiron polas Avenidas, abeirados ao Club Náutico.