A vinganza do defunto

Reigosa, Carlos G

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

IGREXA DE SANTA CRISTINA DE LAVADORES

-Si, señor. Belarmino Somozas Rivas. Vive preto da igrexa de Santa Cristina de Lavadores. Anote.

CASTRO

-Cando subas ao Castro, en Vigo -engadiu Carlos-, mira para este lado e comprenderalo todo. Aquí está a explicación de por que, en menos dun século, Vigo se converteu nunha urbe grande e moderna.

PI I MARGALL

Cando chegaron á casa de Aníbal Hortas, nun segundo andar da rúa de Pi i Margall, Carlos Conde chamou ao timbre e agardaron. Abriu unha muller maior de cabelo moi branco.

PRAIA DE SAMIL

Laura Alemparte, casada co médico Helenio Senra, vivía nun chalé á beira da praia de Samil, a máis grande de Vigo, nunha contorna de gran beleza, coas illas Cíes de pórtico atlántico ao fondo.

RÚA RECONQUISTA

Sentados nunha pizzería da rúa Reconquista, Nivardo Castro e Carlos Conde non acababan de saír do seu asombro.