xeración perdida

castro, francisco

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Mercado de Teis. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEIS - MERCADO

Ricardo foi un neno bonito, criado coma un rei, con todos os vicios. Un neno consentido. Naceu, xa o dixen, en 1966, no barrio de Teis, en Vigo, concretamente nun lugar que chaman A Rola aínda que el sempre lle chamou La Plaza, en castelán, pola presencia alí do mercado.

Xeolocalización

42.24793243818607, -8.700489561376589

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Whichita Teis Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

WICHITA

O tal José Luís ía no cole público de Vichita (barrio mítico de Teis, preto da Rola, o meu barrio. O nome vén de Wichita, a Cidade sen Lei: ese era o título dunha peli do oeste, así que maxinen vostedes como era o sitio aquel).

Xeolocalización

42.25178240153527, -8.700059040525034

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Teatro cine Fraga. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CINE FRAGA

Quizais sería porque na televisión estaban anunciando o episodio segundo da saga, pero aos miolos de Ricardo veu a imaxe dun Calbot neno entrando no cine Fraga, un día do ano 1977, para ver a estrea da Guerra das galaxias.

Xeolocalización

42.236960405758964, -8.719811259594486

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Sanjurjo Badía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SANJURJO BADÍA - CINE ROXY

O autor, como Ricardo, creceu metido no Cine Roxy, un fermoso cine de barrio xa desaparecido na rúa Sanjurjo Badía, moi preto da miña casa, un cine e unhas experiencias que darían elas mesmas para unha fermosa novela (e agora podería facer unha paréntese bonita e falar de vagar de todo o que vivín naquel cine, das películas en pase infantil das tres e media os domingos, das sesións continuas e todo iso. Pero non o farei. Esta é a novela da memoria, pero non deses recordos).

Xeolocalización

42.24806211171227, -8.698581290691285

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

IES de Teis. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

INSTITUTO DA GUÍA

Por iso no instituto da Guía de Vigo, nos primeiros anos oitenta, cando Ricardo chega a primeiro de BUP, alí pasa de todo. Cousas tan incribles e fantásticas, tan raras e curiosas, que nin sequera botando man das técnicas máis sutís da creación literaria poden ser tomadas por certas. Pero ocorrían.

Xeolocalización

42.25361366875117, -8.698915773085611

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Colexio Calasancias

CALASANCIAS

E Maricarmen era unha delas, unha rapaza prudente, alumna das boas das Calasancias, o colexio de monxas do barrio, e os pais de Maricarmen eran os donos do Sande, o bar máis vello da rúa de Espiñeiro, en fin, de Enrique Lorenzo, que sempre lle dixemos Espiñeiro, un bar deses dos que xa case non quedan en Vigo, xusto en fronte do Tronkala.

Xeolocalización

42.242299989588474, -8.70639507123303

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Sinopse

Esta novela fala de Ricardo, un mozo que pasa droga e quere abandonar ese mundo. É tamén o relato da súa xeración, a xente do seu barrio e do seu tempo: os que tiñan pouco máis de dez anos cando Franco morreu, cando os Bee Gees campaban nas radios.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2004

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Barrio Wichita

Teis

Liña 4

Wichita

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar