Entre os dous hai un río

Lado, María

Ed. Elvira

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

URZÁIZ

Daquela parecíanos que Urzáiz era pouco menos ca Nova Iorque e que alí comezaba un Vigo que nada tiña que ver con nós.

RÚA CATALUÑA

Mudáramonos a Lavadores ao morrer miña avoa, que decidira arranxarnos a vida e deixarnos un piso e un baixo na rúa Cataluña.

MARTÍNEZ GARRIDO

Subiramos Martínez Garrido e levabamos xa unha boa molladura. Eu pensaba ir para a tenda da miña nai, pero Roi propúxonos achegarnos ata a rúa Numancia, onde había unha casa que estaba debuxando.

BIBLIOTECA (Neira Vilas)

Pero non había nada que temer, comecei cuarto sentada con Cris e aos poucos días xa eramos inseparables. Non tardou en unírsenos o seu curmán Roi e os tres quedamos polas tardes para ir a biblioteca.

RAMÓN NIETO

Roi botou a andar cara a Ramón Nieto e seguino. Pasamos diante da sala e recordei que tiña que preguntarlle a meu irmán polas poetas aquelas. Deixamos atrás a miña casa e a Asociación de Pardavila, que estaba xusto ao lado e ao pouco metémonos por unha rúa á dereita.

SANTA CLARA

Cheguei puntual aos bloques que formaban as vivendas de Santa Clara. Eran edificios non moi altos, xuntiños, iguais. Semellaba un barrio onde os nenos corrían polas rúas, as portas estaban sempre sen fechar e as veciñas falaban de fiestra a fiestra coma nas películas italianas.