Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Costas, Ledicia

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

PONTE DE RANDE

Na zona do Berbés o cheiro é tan denso que, se pechas os ollos e te deixas levar un instante, case logras trasladarte ás bateas que visten os arredores da ponte de Rande, coas súas extremidades penduradas cara ao fondo coma tentáculos invisibles, acuguladas de mexillóns.

BERBÉS

Mais de súpeto volves abrir os ollos e alí segue o Berbés, unha das caras máis tristes da cidade. De día é lonxa de pesca de altura, e porto de barcos de bonitos nomes como Santa Mafalda, Capricornius ou Destiner, que desafían o horizonte coas súas proas bicudas (…). Mais cando cae a noite, ese lugar vístese de suburbio. Moitos condutores circulan pola zona na busca de mulleres prostituídas. De noite, o Berbés é unha trampa.

SOMBREREIROS

Os distintos artesáns formaban gremios e establecían normas para desempeñar as súas profesións. Por exemplo, a obriga de compartir todos a mesma rúa e rexentar nela os negocios e obradoiros. Así a rúa de Sombrereiros, a dos Cesteiros ou a Ferrería, o barrio onde vivían os artesáns do metal.

RÚA DA MISERICORDIA

… Jules Verne sabía perfectamente cara a onde se dirixía. Á altura da rúa da Misericordia, detívose e sacou do peto interior da levita un mapa.

LA INDUSTRIOSA

-O meu grumete e mais eu temos que ir a un taller chamado La Industriosa, que está na Avenida Duque de la Victoria. A caldeira do meu iate ten unha avaría e necesito falar co dono da fábrica, un vello coñecido, para que a repare -explicoulle-.

PRAZA CONSTITUCIÓN

… Constituían o caos máis fantástico que coñecía. As prazas era crisálidas que eclosionaban á primeira hora do día nunha explosión de vida. A súa favorita era a da Constitución.