Xeración perdida

Castro, Francisco

Ed. Galaxia

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

A ROLA

Ricardo foi un neno bonito, criado coma un rei, con todos os vicios. Un neno consentido. Naceu, xa o dixen, en 1966, no barrio de Teis, en Vigo, concretamente nun lugar que chaman A Rola aínda que el sempre lle chamou La Plaza, en castelán, pola presencia alí do mercado.

VICHITA

O tal José Luís ía no cole público de Vichita (barrio mítico de Teis, preto da Rola, o meu barrio. O nome vén de Wichita, a Cidade sen Lei: ese era o título dunha peli do oeste, así que maxinen vostedes como era o sitio aquel).

CINE FRAGA

Quizais sería porque na televisión estaban anunciando o episodio segundo da saga, pero aos miolos de Ricardo veu a imaxe dun Calbot neno entrando no cine Fraga, un día do ano 1977, para ver a estrea da Guerra das galaxias.

CINE ROXY

O autor, como Ricardo, creceu metido no Cine Roxy, un fermoso cine de barrio xa desaparecido na rúa Sanjurjo Badía, moi preto da miña casa, un cine e unhas experiencias que darían elas mesmas para unha fermosa novela (e agora podería facer unha paréntese bonita e falar de vagar de todo o que vivín naquel cine, das películas en pase infantil das tres e media os domingos, das sesións continuas e todo iso. Pero non o farei. Esta é a novela da memoria, pero non deses recordos).

INSTITUTO DA GUÍA

Por iso no instituto da Guía de Vigo, nos primeiros anos oitenta, cando Ricardo chega a primeiro de BUP, alí pasa de todo. Cousas tan incribles e fantásticas, tan raras e curiosas, que nin sequera botando man das técnicas máis sutís da creación literaria poden ser tomadas por certas. Pero ocorrían.

CALASANCIAS

E Maricarmen era unha delas, unha rapaza prudente, alumna das boas das Calasancias, o colexio de monxas do barrio, e os pais de Maricarmen eran os donos do Sande, o bar máis vello da rúa de Espiñeiro, en fin, de Enrique Lorenzo, que sempre lle dixemos Espiñeiro, un bar deses dos que xa case non quedan en Vigo, xusto en fronte do Tronkala.