Vicvs

Luaces, Beto

Ed. Bolanda

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

CANDEÁN

Estaban na noite do 24 de decembro de 2012, Noiteboa na casa dos Barreiro, en Candeán, no arrabalde rural da cidade de Vigo.

PRAZA CONSTITUCIÓN

Roi era o seu socio no estudio de arquitectura que tiñan na Praza da Constitución, en pleno Casco Vello vigués.

ESTACIÓN MARÍTIMA

E chegou o día, e unha mañanciña fría de xaneiro de 1954, os dous amigos estaban ancorados na enorme explanada da Estación Marítima de Vigo. Diante deles agardaba atracado o New Holland, un gran paquebote da Real Mala Inglesa preparado para cruzar o Atlántico, …

SUBIDA AO CASTELO

Freou de novo e decatouse de que non o sabía. Tanto lle tiña, pensou e recuncou nos andares, o seu domicilio estaba na última casa da Subida ao Catelo.

RÚA CESTEIROS

Alegrouse, non chovía. Camiñou pola rúa dos Cesteiros e despois, pola da Oliva. Non era esta a traxectoria máis directa, mais el pretendía dar un paseo antes de entrar no novo estudio que hoxe renacía.

RÚA FUNIL

Os irmáns quedaron para xantar no Lar da Carmela, unha tasca típica da rúa do Funil, no Casco Vello. O mesón enxebre era frecuentado decote por fauna local e rara vez por algún guiri despistado.

RÚA SANTIAGO

Baixou a rúa de Santiago, cruzou o Paseo de Alfonso e desembocou na rúa dos Poboadores, apurou os andares na rúa dos Perigos e demorouse na praza rectangular dedicada a Eduardo Chao. E despois de esquivar varias canellas escuras e inzadas de gatos, chegou á rúa Alta, a sede do estudio.

CAT

Abrigouse e comezou a andar, pasou por diante do CAT, o Centro de Artesanía Tradicional e barallou a posibilidade de se matricular nalgún curso, agora que estaba de novo solteiro non lle había de vir mal ocupar algunha tarde e sobre todo, coñecer xente.

TEÓFILO LLORENTE

Apenas dez minutos, despois de deixar atrás o seu domicilio, accedeu á rúa Teófilo Llorente e entrou pola porta principal do mercado do Berbés, que antigamente e por causa do nome da praza onde estaba radicado, se denominaba Praza dos ratos.

CASTELO DE SAN SEBASTIÁN

Limpou logo a suor da fronte, ergueu a vista, divisou os restos do Castelo de San Sebastián e iniciou o breve camiño para ao interior da vivenda. Mentres camiñaba, recordou que o devandito castelo e as súas murallas eran o primeiro e senlleiro avance no desenvolvemento moderno da cidade.

MADROA

O vehículo de Senén non paraba de rubir desde que partira do Casco Vello e cando accedeu á estrada da Madroa, o desnivel empeorou. Tomou a derradeira curva elevada e un cartel indicoulle que a escasos metros estaban as Mámoas da Madroa, a maior concentración de túmulos funerarios da cultura castrexa en Vigo.

RÚA TRIUNFO

Xa fóra da cafetería, Senén atravesou a praza no medio dun potente chuvasco. Baixou a rúa do Triunfo, deixou a un lado a Colexiata e penetrou na rúa Real.

HOSPITAL XERAL

Apenas pasaran dez minutos desde que recolleran o ferido, na serra do Suído, e ao pé do aparello xa agardaba unha ambulancia medicalizada, para recollelo e trasladalo ao Hospital Xeral, en pleno centro da cidade.

POLICLÍNICO CÍES

E cando estaba por marchar, enfocou os ollos cara á Avenida de Madrid e reparou no Policlínico Cíes, un pequeno hospital que xacía a escasos metros deste e da autoría do arquitecto Xosé Bar Boo, en 1967.

HOTEL BAHÍA

Ningún dos dous homes, que nese momento ocupaban a habitación, sabían que o Hotel Bahía era un pestiche herdado dos anos setenta do século pasado. Unha torre de dezasete alturas fincada con violencia no pé máis enxebre do Casco Vello.

CORREOS

Asiu a caixa como se fose un tesouro, e apurou para se protexer da chuvia. Sen embargo, non puido resistirse a contemplar, de esguello, o edificio da Oficina Central de Correos e Telégrafos. Gustaba moito daquel edificio histórico situado na praza de Compostela, que facía esquina coa rúa da Reconquista.

SIRENO

Atravesaron a parte alta da zona vella de Vigo, chegaron á Porta do Sol, pasaron por debaixo da estatua do Sireno e accederon á rúa do Príncipe. E por primeira vez en moito tempo, Senén estaba a dar un paseo de maneira relaxada sen mirar para os edificios.

IGREXA DOS PICOS

Arestora, o único que lle importaba era poder ver, máis unha vez e detrás do centro educativo, a Igrexa dos picos, rematada en 1970 e inspirada no seu idolatrado Le Corbusier.