Val, Marga do
Ed. Elvira
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
CASTRELOS
… o neno Tamiru, explica que Castrelos é diferente en cada estación e que sempre hai algo que facer, se chove entras no museo e se non chove podes correr e xogar.
CASTRO
A fotografía en que a miña nai me está a empurrar no bambán do orfanato pendura nas paredes do seu cuarto, á beira daquela outra tirada neste mesmo lugar, aquí no Castro.
RÚA REGUEIRO
Saio da miña casa na rúa Regueiro e tiro cara á avenida das Camelias, vou correndo por unha cidade que aínda me ve, que aínda se detén nos meus pasos, como a señora Manuela, que me di que vou chegar lonxe.
RÚA VENEZUELA
A avenida das Camelias empata coa rúa Venezuela, nesa rotonda onde hai unha escultura de Silverio Rivas, que é un olivo, cada folla representa a unha parroquia de Vigo, como nos explicou a profe de Historia, …