Queizán, María Xosé
Ed. Xerais
CASTRO
Vivían nun chalé na ladeira do monte Castro, o monte que presidía a cidade, desde onde se divisaba a fermosísima ría de Vigo, que, ademáis da súa incrible beleza, era un porto natural de fondo calado apto para as embarcacións de gran tonelaxe.
POLICARPO SANZ
Saíron nai e filla da casa para iren ao concerto. Sabían atallos e escaleiras, para baixar de rúa en rúa ata chegar ao centro, á rúa Policarpo Sanz, onde estaba o teatro García Barbón.
RÚA COLÓN
Vai no taxi camiño de Vigo, a súa cidade, e dálle ao taxista a dirección da súa casa na rúa Colón.
HOSPITAL MEIXOEIRO
Baixaba no taxi polo Meixoeiro, desde onde se divisaba ao fondo a cidade deitada sobre a ría. Nos montes darredor víanse casas e casas entre a campiña.
CABRAL
Era un moso de Cabral. Creo que a familia viñera de Cataluña a traballar na fábrica de Álvares.
COLISEUM – COPACABANA
Cando gañaba uns cartiños machucando pedra, facendo pedregullo na Canteira de Oliveira, raspináballe algo á nai para ir ao cine Rosy e ver unha vaqueirada. As súas compañeiras preferían mercar uns zapatos ou un vestido para ir ao baile, ao Coliseum ou ao Copacabana.
AVENIDAS
Charo pensou que a primeira saída que faría por Vigo sería ás Avenidas, a pasear nos peiraos do Club Naútico, ver os iates, os barcos de Cangas e contemplar a ría e cheirar o mar.
COLEXIO ALEMÁN
A nai estudiara nas Carmelitas, que tiñan o edificio na parte superior do Colexio Alemán e de nena asomábase ás fiestras sempre que podía para esculcar o que sucedía debaixo.
HOSPITAL XERAL
Ningunha sensación de traxedia a intranquilizaba cando recibiu unha chamada do Hospital Xeral.
GUIXAR
Tamén lle parece sentir o ruído dos ferros na forxa, o renxer permanente de ferros e grúas da fábrica de Vulcano. A parte de atrás da casoupa onde vivían, en Guixar, daba para a factoría.