Alonso, Fran
Ed. Xerais
GARCÍA BARBÓN
David Souto
García Barbón 36-9ºB
36201 Vigo
Meu amor:
Permíteme que me dirixa a ti con esa expresión que utilizaches comigo desde o día en que me coñeciches.
CLUB NAÚTICO
Ás veces mesmo formo parte dos xurados das regatas e, en todo caso, sempre as contemplo desde a tribuna de honra que o Club Náutico instala para a ocasión perto do novo edificio.
O edificio, por certo, é obra de Paco Castro Represas, e dígocho porque lembro a túa afección pola arquitectura e a túa vella amizade co galeguista Manolo Gómez Román, a quen, por certo, non volvín ver.
DERBY
E, con todo, hoxe paréceme unha parvada que me deixase engaiolar por aquel ambiente intelectual que se respiraba nas tertulias do Derby (e non había moitas mulleres que se atrevesen a entrar alí).
TEATRO CINE FRAGA
E agora temos un novo lugar de encontro social, o magnífico Teatro Cine Fraga, que é envexable; e un edificio para o Banco de España que sería imposible na cidade mesquiña que ti coñeciches.