Villar, Domingo
Ed. Galaxia
ALAMEDA
Cruzaron a Alameda pisando un manto de follas caídas e camiñaron fronte aos elegantes edificios de pedra da rúa do Areal.
O BAR PUERTO
O bar Puerto aínda estaba ateigado de xente. Como cada mediodía, as súas mesas mesturaban gravatas, traxes de faena azuis e roupas grosas de mariñeiros.
ALMAS PERDIDAS
Na outra banda da rúa, apoiados na barra do Kiosko das Almas Perdidas, mariñeiros e estibadores quentaban os estómagos e compartían confidencias antes de marchar a descansar.
TORALLA
Deixaron atrás a illa de Toralla, cuxa torre guiaba como un faro os barcos na escuridade, e seguiron avanzando ata que unha montaña se debuxou sobre o mar.
ELIXIO
Chovía de novo con forza cando entrou no Elixio. A estufa de ferro estaba acendida e varias mesas ocupadas. Leo Caldas pendurou o impermeable na percha e achegouse á barra baleira.
COIA
Mirou á fronte, á cidade de Vigo deitada sobre a ría coma unha mancha. Primeiro as casas baixas, a continuación os edificios altos do barrio de Coia e, máis aló, o resto da cidade desordenada nas ladeiras, coa silueta do hospital elevándose sobre as demais edificacións cerca do monte do Castro.
CÁNOVAS DEL CASTILLO
O inspector seguía facendo conxeturas cando na rúa Cánovas del Castillo se cruzou con ducias de turistas acabados de desembarcar no peirao de trasatlánticos.
RÚA MÉXICO
Caldas baixou camiñando desde o hospital pola rúa de México. Fronte á estación de ferrocarril colleu a rúa de Urzaiz, cruzou a Gran Vía, e continuou descendendo pola beirarrúa abarrotada ata o farol de forxa de Jenaro de la Fuente.
BOUZAS
Unha brisa leve axitaba as bandeiras dos barcos do porto pesqueiro, e máis alá, en Bouzas, os esqueletos dos buques en construción brillaban baixo o sol de outono.