Amor de tango

Queizán, María Xosé

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

Cando fora do incendio do Teatro Rosalía de Castro, era ela ben nova, estivera varios días na cama sen poder pasar bocado, …

CASA DE BAÑOS LA INICIADORA

Ía, acompañada da filla, dúas veces por semana á Casa de Baños La Iniciadora, nas Avenidas. Os baños, ademais de curar dores, eran bos para a pel.

CLUB NAÚTICO

Nas ruínas do antigo peirao destruído no ano 22 edificaron o Club Náutico. Porque antes tiñan a sede a bordo dun pontón, o Klorofi. Alí facían as festas e bailaban as nosas nais cos pais, cos pretendentes, mecidas polas ondas…

PRAIA DE SAN FRANCISCO

Cambiaran de remedios… Levábana aos baños á praia de San Francisco. Parecía que collía unha coloriña, mais ao entrar polo patio da casa palidecía de novo.

GOTA DE LECHE

A Gota de Leche. Margarita lembrábaa de ir coa avoa, alí, no canto da Ronda. Anunciábase antes de chegar polo son de instrumentos desafinados.

Tal vez, moitos dos nenos recollidos na Gota de Leche, cisma a nai de Chelo, fosen fillos do achego dalgunha desas pirujas e xa traerían o sangue podre, ¡coitadiños! que culpa terán.

PORTA DO SOL

Margot chega á Porta do Sol, que cando a guerra lle puxeran o nome de Capitán Carreró, lugar de concentración cidadá na que tantos acontecementos se produciran.

CARRAL

Cruza Carral e contempla o edificio de Simeón García, obra do arquitecto Gómez Román, unha das casas que máis lle gustaban de Vigo, lucindo as magníficas pedras labradas, illada, porque non tiña outras casas adosadas, e así resaltaba máis a súa elegancia.

FERRERÍA

As pedras rezumaban humidade e mal resistían a riada que baixaba polas escaleiras que daban á Ferrería, o barrio máis miserento e sórdido da cidade cos tugurios de puterío e casoupas noxentas.

CONCELLO

Un pouco máis arriba, o Concello, entre a praza da Constitución e a recolecta praza da Princesa, onde, en tempos, ían as mulleres buscar auga á fonte, e hoxe é refuxio de pombas, xubilados, mendigas…

CASTRELOS

Alí, a Castrelos, ía pasear a miúdo a avoa de Chelo. Devecía polos bosques como se algo, no fondo do seu ser, lle tirara para a selva, para o verdor impregnado nos ollos dos seus antepasados, inmersos na natureza coma nun baño sagrado.

HOTEL CONTINENTAL

… Margot contemplaba desde o Paseo de Alfonso mentres evocaba as lágrimas de emoción dos avós de Chelo cando a María Guerrero cantara vestida de galega no balcón do Hotel Continental, …


NUEVO CAFÉ- VELÁZQUEZ MORENO

Daquela, Margarita deu en contonearse como unha piruja, en mover o cu dunha maneira…, que non sabía onde vira movelo así, porque ás veces ao baixaren do instituto por Velázquez Moreno esculcaban polas fiestras do Nuevo Café a ver se había sesión vermú e saían as cupletistas, …

POBOADORES

Baixa por Poboadores para perderse polas rúas mariñeiras, rúas estreitas e pedregosas, con escaleiras irregulares de laxes milenarias e casiñas acañadas e descompostas.

BERBÉS

Chega ao Berbés con aquelas casiñas mínimas, que Margot sempre pensou como farían para meter o leito nos cuartos, sendo, como tiñan que ser, tan estreitos.

HOTEL MODERNO

No Hotel Moderno xuntábanse os dirixentes da matanza. En cada localidade, a represión encabezábaa a Igrexa cos comandantes de Estado Maior.

CÁRCERE

Achegábanse ao carcére que estaba no centro da cidade, na mesma rúa do Príncipe, nun solemne edificio habilitado tamén para os Xulgados.