Amor de Serea

Jaureguizar

Ed. Xerais

seleccion_bibliografica_mapa_literario_vigo_bibblioteca_neira_vilas_2

PORTA GAMBOA

Empezou a chantalo na madeira da Porta de Gamboa con folgos poderosos, pero un fusileiro galo acertoulle, deixándoo morto. A multitude asaltante asustouse, pero Cachamuíña adiantouse con outo machado.

FALPERRA

-O barrio que deixamos atrás é Falperra. Aí está o Campo de Granada, que foi unha carballeira que se usaba como campo da feira. Velaí o aparatoso edificio do Concello, esoutro que ves alá é a Panificadora. Ai, a Panificadora!

A GUÍA – BERBÉS

Comenzou falando sobre o corsario máis famoso, Francis Drake. Asaltou Vigo en 1585 empezando por bombardear O Berbés para tomar o monte da Guía.

COIA

Despois de bombardear o núcleo, mandou sete mil homes a desembarcar en Coia e no Berbés. Prendeu lume a trescentas casas de Vigo e trina e sete de Bouzas, así como ás igrexas da bisbarra.

SANTA CRISTINA DE LAVADORES-CHORÓNS

Salvouse unicamente a de Santa Cristina de Lavadores grazas a uns voluntarios que derrotaron aos británicos nos Choróns.

SIRENO

A través da ventá mirei un ser deforme que voaba á altura daquel sexto andar. A cabeza era grande, pero con apariencia de home normal. O anormal eran as dúas ás unidas directamente coas pernas, como se carecese de tronco. A pel metía medo porque era prateada.

MADROA

Pero que clase de xornalista es? Se levan os leóns da Madroa tampouco te decatarías? Queres mover o cu?

MARCO

Para rematar, indicoume que me achegase ao Museo de Arte Contemporánea (Marco), na rúa do Príncipe. O centro cultural ocupa o edificio dun artigo cárcere e xulgados, construído en 1880 e reformado como centro de actividades artísticas no ano 2002.

MUSEO DO MAR

No seu texto citábame para as 13:30, media hora máis tarde, no Museo do Mar, .

A LAXE

Imaxinade unha loura preciosa, cuns ollos máis azuis ca o mar nas illas Cíes, cun pelo máis ordenado ca o aparcadoiro robotizado da Laxe.

LA INDUSTRIOSA

Sanjurjo Badía instalou o taller de fundición La Industriosa na zona de Guixar, no que é agora a rúa de García Barbón, en 1860.

AVENIDA ATLÁNTIDA

Polo camiño que conducía á avenida Atlántida, Maika informouse de que don Anxo a mandara para que me quitase fotografías baixo a auga.

CINES GRAN VÍA

-Veña, neno! Que isto non é unha película que vaian pasar nos Cines Gran Vía…