Mapa literario de Vigo - Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

Proxecto

Este Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co queremos amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo, indicando algún título que nos quedou atrás ou sumando algunha nova parada ou localización que non estea incluída ou se vaia creando.

O historiador francés Pierre Nora acuñou o termo de “lugar de memoria” para designar os lugares onde se cristaliza e se refuxia a memoria colectiva, é dicir, non é calquer lugar o que se recorda, senón aquel onde a memoria actúa. Lugares coma a Porta do Sol co Sireno como testemuña de moitos acontecementos das nosas vidas e das historias de ficción ou ficcionadas que recollen estas obras, ou o barrio de Teis como testemuña directa dunha xeración perdida e das revoltas obreiras, o Berbés coma recordo das tradicións viguesas, as cales designan en moitos casos os nomes das rúas e as prazas ata o alto do Casco Vello ou o Calvario como reflexo de unión entre a veciñanza.

A novela escrita sobre a cidade conta a evolución (de ambas) e amosa a importancia da relación entre o espazo e a orde social, como os espazos mudan non só de aspecto senón tamén de identidade, barrios coma o de Coia, reflexo dun barrio obreiro dunha cidade industrial en expansión, en contraposición con barrios coma Zamáns ou Valadares que seguen mantendo o seu carácter rural e que logran rodear dun fermoso manto verde ao resto da cidade. E como non, as Illas Cíes e a bahía de Vigo coma espectadoras inmutables do noso día a día e das historias das nosas rúas.

Deste xeito a nosa cidade é un escenario dos soños, das emocións da linguaxe e das imaxes variadas dos nosos recordos e da nosa propia historia.

Día do Libro 2018

Descargar Mapa literario de Vigo