Feijoo, Pedro
Vigo, 1975
Exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos.
Fotografía: arquivo do autor - Yago RayBiografía
Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2013; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015), «Os fillos do lume» (Xerais, 2017), «Sen piedade» (Xerais,2018) e «Un lume azul» (Xerais, 2019). Ademais, publicou o libro «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018).
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Os fillos do mar
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B

Memoría da choiva
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.
Edición en galego
Editorial Xerais
Editorial en castelán
Ediciones Versátil

Morena, perigosa e románica
Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal… Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século.
Edición en galego
Editorial Xerais
Editorial en castelán
Ediciones Versátil

Os fillos do lume
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, sen embargo, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer.
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B

Sen piedade
Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela… Pero agora non parecía disposta a escoitarme.
Edición en galego
Editoral Xerais

Un lume azul
Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, «Un lume azul» é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B

Ninguén contará a verdade
Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación… Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B