Jaureguizar

Bilbo, 1965

Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo.

Fotografía: arquivo do autor - medios sociais

Biografía

Como narrador ten publicados os seguintes libros: «Fridon spik» (Xerais 1995, 2003), narracións breves; «Comendo espaguetis diante da televisión» (Xerais 1998), novela; «As horas sucias» (Xerais 2001), novela; «Breve crónica universal da clase obreira» (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, «Casa Skylab» (Premio Xerais 2003), novela, «Cabaret Voltaire» (Premio Manuel García Barros 2005), novela «O Globo de Shakespeare» (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e»Placebo» (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís «Todo a cen» (1995), «A rutina corsaria» (Xerais 1998), «Salitre» (Xerais 1999), «¡Balea morta ou lancha a pique!» (Xerais 2002), «A cova das vacas mortas» (Xerais 2006), premio Fundación Caixa 

 

Galicia de Literatura xuvenil, «Plastilina nos pulmóns» (2007), «O contador de estrelas» (2009), «Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo» (Xerais, 2013) e «Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido» (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: «Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela» (Xerais 2010), «A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña», «Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo» (Xerais 2012), «O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo» (Xerais 2014) e «A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense» (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.

Bibliografía: Editorial Xerais

 

 

Paradas bibliográficas

Amor de serea Jaureguizar Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Amor de serea

Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos. O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.

Edición en galego

Editoral Xerais