Costas, Ledicia

Vigo, 1979

Unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados.

Fotografía: web autora - Manuel G. Vicente

 

Biografía

Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e a novela «Infamia» (2019). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), obra coa que gañou por segunda vez o Lazarillo, así como o Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016) ou «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego.

Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019), «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021) e «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón: «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con dous títulos ata o momento «Curriño. O can influencer» e «Curriño. Benvido ao equipo».

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

Neve detrás do cristal Ledicia Costas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Neve detrás do cristal

Estructura a trama na parroquia de Bouzas, onde os areais e as rúas da contorna do casco histórico configuran o escenario. Os protagonistas pertencen a esa xeración, case esquecida, de cuadrilla adolescente que medra entre as rúas e en contacto coa veciñanza.

Edición en galego

Editorial Elvira

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta  Ledicia Costas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio.

Edición en galego

Editoral Xerais

Infamia Ledicia Costas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Infamia

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular

Golpes de luz, Ledicia Costas autora do Mapa Literario de Vigo

Golpes de luz

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.

Editorial en galego

Editorial Xerais

Editorial en castelán

Editorial Destino

Pel de cordeiro Ledicia Costas autora do Mapa Literario de Vigo

Pel de cordeiro

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

Editorial en galego

Editorial Xerais

Editorial en castelán

Editorial Destino