Cid Cabido, Xosé
Xunqueira de Ambía, 1959
A partir duns comezos un tanto difusos desde ópticas experimentais, terminou por inscribirse no realismo.
Fotografía: Editorial Xerais - web
Biografía
Como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999,
traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Panificadora
Haiwort, un oficinista, é chamado por Woolite, sub-xefe de persoal dunha gran empresa, para comunicarlle as causas que o poñen fronte ó abismo do despido… O percorrido de Haiwort na busca dunha salvación, o desexo de fuxir das ataduras oficinescas ou a neceside aparente de conservar o seu postiño de traballo, a procura e o encontro do terceiro personaxe principal da novela, máis o desenlace que isto provoca, velaí o argumento de Panificadora.
Edición en galego
Editoral Xerais

Días contados
Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a realidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo. Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo.
Edición en galego
Editoral Xerais

Unha historia que non vou contar
Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido.
Edición en galego
Editoral Xerais