Lorenzo,

Fran P.

Vigo, 1973

Xornalista, da primeira promoción de profesionais formados na universidade galega, e dedícase á información cultural nas páxinas de El Correo Gallego.

Fotografía: arquivo do autor - medios sociais

Biografía

Traballou para os dous diarios en lingua galega (O Correo Galego e Galicia Hoxe) e participou na fundación e posta en marcha do dixital Dioivo (2012-2013). Posgrao en xestión cultural pola Universitat Oberta de Catalunya, mantén o blog Un país en lata (www.unpaisenlata.org). Cabalos e lobos (Xerais, 2015) a súa primeira novela, recibiu en 2014 o XXXII Premio Blanco Amor.

Bibliografía: Editorial Xerais

Parada bibliográfica

Cabalos e lobos Fran P. Lorenzo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Cabalos e lobos

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial.

Edición en galego

Editoral Xerais