Lado, María

Cee, 1979

Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou nos tres libros editados polo colectivo.

Fotografía: arquivo da autora - medios sociais

Biografía

Como poeta ten publicados seis libros individuais: A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (2002), Berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e Oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego.

Tamén é autora dos contos para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e 5minutos (2017), así como da biografía Mulleres Bravas da Nosa Historia: Rosalía de Castro e a novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016), ambientada no vigués barrio de Lavadores.

Textos seus foron publicados en castelán, catalán, portugués, ruso, croata, inglés e irlandés. Participa de diversas antoloxías, das que destaca a escolma de poetas irlandesas e galegas To the winds our sails (Salmon Poetry, 2010), Veinte puntos de fuga.

 

Poesía gallega contemporánea (Fundación editorial El perro y la rana. Venezuela, 2011), Anthology of Galician Literature (Xunta de Galicia, Xerais e Galaxia, 2012), e o volume Intimi pogon. Fábrica íntima, compartido con Gonzalo Navaza (Croatian Book Center, Zadar, 2014).

Escribiu e realizou as adaptacións teatrais de seis contos infantís para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, colaboración que comezou no 2010.

Tanto coma escribir, gústalle recitar. Dende o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos baixo o selo de Aldaolado cos que percorren escenarios do máis diverso, dende teatros ate palcos de festa.

Bibliografía: Aliteraclara

Parada bibliográfica

Entre os dous hai un río María Lado Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Entre os dous hai un río

A trama do relato Entre os dous hay un río transcorre na parroquia de Lavadores. O río Lagares, a abandonada fábrica de porcelana Santa Clara en Barreiro, o Calvario, o Seixo…, son lugares que envolven os protagonistas, mozos e mozas de instituto, herdeiros daquela contorna obreira, hoxe residencial, que non encaixan nos grupos da súa idade. Percorren os barrios tentando deixar a súa pegada, a modo de metáfora, para facerse un oco no complexo mundo dos adultos.

Edición en galego

Editorial Elvira