A MULLER XABARIL
CASALDERREY, FINA
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Nin sequera son quen de buscar consolo nos Fontáns, onda Salvador. Dende que se foi de mestre de obras alá para Vigo, subíronselle os fumes e volveuse un lampantín.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Díxome que como a festa cadraba no medio de semana tiña que marchar hoxe ás cinco da mañá para Vigo e meu pai non estaba; había andar aquelado en quecer sabas alleas.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Eu críalle con iso de meterse no sindicato, pero a realidade era outra. En Vigo deixou preñada unha moza, que polo visto llo puxera máis doado ca min, e tivo que casar con ella.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Nunha furgoneta do gando leváronnos a Vigo e, deseguido, trouxéronnos para aquí, tosquiadas como ovellas, sen me dar tempo de avisar tan sequera a ninguén.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
A min, cando me atoparon indo cara a Figueirido, xa me tomaron por unha «puta, zorra e incitadora», unha «indeseable y peligosa propagandista a fovar del Frente Popular», pero eu negueino todo. Negueino en Vigo e, despois, negueino aquí, en León.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Esta é a xusticia militar deste momento, madre: primeiro fun procesada nun tribunal militar de Vigo e despois, outra vez, nun de León. Utilizan a represión de forma coercitiva para aseguraren a construción do novo Estado.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril. En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2023
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Panorámica de Vigo
Vista desde os montes de Coruxo
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.