Casalderrey, Fina

Pilarteiros – Santo André de Xeve, 1951

Mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. É membro da Real Academia Galega.

Fotografía: arquivo da autora - web

Biografía

Para o público infantil publicou, entre outras: «Dúas bágoas por Máquina» (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; «A noite dos coroides» (1993), novela; «Chamizo» (Xerais 1994), novela; «¡Asústate, Merche!» (Xerais 1994), novela; «O misterio dos fillos de Lúa» (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; «O estanque dos parrulos pobres» (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; «Prohibido casar, papá!» (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; «¡Puag, que noxo!» (1997), conto; «Podesvir» (1997), conto; «Unha raíña negra» (1998), conto; «Cuca e o abrigo marrón» (1998), conto; «Nolo e os ladróns de leña» (1998), conto; «Ás de mosca para Anxo» (1998, Xerais 2002), novela; «Pimpín e dona gata» (1999), conto; «O misterio do cemiterio vello» (1999), novela; «Unha pantasma branca» (2001), conto; «O avó é sabio» (2002), conto; «O avó sae de paseo» (2002), conto; «A avoa non quere comer» (2002), conto; «A avoa ten unha menciña» (2002), conto; «Derradeira carta ós Reis Magos» (Xerais 2002), conto; «Eu son eu» (Xerais 2004), conto; «¿Quen me quere adoptar?» (Xerais 2005), conto; «O meu avó é unha gata» (Xerais 2005); «A lagoa das nenas mudas» (Xerais 2007), novela; «A Pomba e o Degolado» (Xerais 2007), novela; «¿E ti que farías por min?» (Xerais 2010), conto; «Un saco de estrelas» (Xerais 2010), conto; «O misterio do Faro Vello» (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; «Historia da bicicleta dun home lagarto» (Xerais 2014). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de «María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco» (Xerais 2018). En 2019 publica o álbum, ilustrado por Lucía Cobo, «A furgoneta branca» (Xerais 2019).

Bibliografía: Editorial Xerais

 

Parada bibliográfica

Caderno de bitácora Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Caderno de bitácora

Historia dunha moza adolescente na que conviven as contradicións entre o mundo rural e urbano e mesmo a diferenza entre o mundo dos adultos, o da protagonista e o do seus amigos.

A cuadrilla vai madurando a través do respecto á  natureza e á paisaxe, grazas a súas vivencias nos barrios e praias da parroquia de Oia.

 

Edición en galego

Editorial Elvira

A muller xabaril; Fina Casalderrey autora do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

A muller xabaril

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril. En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.

 

Edición en galego

Editoral Xerais