Álvarez Cáccamo, Alfonso

Vigo, 1952 – 2024

Escritor e profesor. Colaborador habitual na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo.

Fotografía: web Editorial Xerais

 

Biografía

É autor e coordinador do blog de opinión «Pensamentos de Olafsson Mokk». Publicou os libros de poemas Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009). Entre a súa extensa obra narrativa publicou as novelas Peito de vimbio, premio Café de Catro a Catro de Novela (Xerais, 1988); As baleas de Eduardo Reinoso, premio Xerais de Novela (Xerais, 1990); Xente de mala morte, premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993); Catapulta (Xerais, 1995); O Espírito de Broustenac, premio Manuel García Barros de Novela (Xerais, 1996); O Bosque de Levas (2002); A revolución dos globos (2008); O Destino de Clarescura Lens (2012) e Os Gotten (Xerais, 2014).

Bibliografía: Editorial Xerais

Parada bibliográfica

Os gotten Alfonso Álvarez Cáccamo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Os Gotten

Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe. Malia un comezo con certas dificultades, en dous anos serán realidade as dúas fábricas de conservas Gotten, absorbidas dende o ano 1977 por outra marca local de prestixio. Os Gotten, familia culta e emprendedora, colaboraron co progreso e co emprego na bisbarra viguesa durante tres xeracións. Este libro recolle os sucesos e historias dos Gotten contadas polos seus protagonistas, moitos deles os propios membros da familia, ou por outras persoas que preferiron permanecer no anonimato. En todo caso, na totalidade dos relatos salienta a xenerosidade e o grato sentido do humor dos membros desta familia á hora de falar con liberdade e sen complexos da historia común.

Edición en galego

Editoral Xerais