Reigoso,
Carlos G.
A Pastoriza, 1948
Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista e membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundeu).
Fotografía: Editorial Xerais - Xurxo Lobato
Biografía
Como narrador ten publicadas as seguintes obras: «Oxford, amén» (1982, Xerais 2006), novela; «Homes de Tras da Corda» (Xerais 1982, 2000), relatos; «Crime en Compostela» (Xerais 1984, 2005), Premio Xerais de novela; «As pucharcas da lembranza» (Xerais 1985), relatos; «Irmán Rei Artur» (Xerais 1986, 2000), relatos; «O misterio do barco perdido» (Xerais 1988, 2005), novela; «Os outros disparos de Billy» (Xerais 1991); «A guerra do tabaco» (Xerais 1996, 2005), novela; «Narcos» (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; «Intramundi» (Xerais 2002), novela; «Pepa A Loba» (Xerais 2006), novela; «A vida do outro» (Xerais 2009), novela, Premio Gonzalo Torrente Ballester 2008; «A lei das ánimas» (2010), novela; «Tras da Corda» (Xerais 2012), relatos; «A vitoria do perdedor» (Xerais 2013),
novela; «A vinganza do defunto» (Xerais 2014), novela, e «Segredos de Bretaña» (Xerais, 2016), novela. Publicou o libro de poemas «Kid salvaxe» (Xerais 2014) e a obra de teatro «A soidade do asasino» (Xerais 2018), ademais de varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, «Fuxidos de sona» (Xerais 1989), reportaxe; «Doutor Livingstone, supoño» (Xerais 1998), ensaio; «O regreso dos maquis» (Xerais 2004), reportaxe; «Laxeiro por si mesmo» (Xerais 2008), conversas; «A agonía do león» (Xerais 2011); «A Galicia máxica de García Márquez» (2009, Xerais 2013); «Colmeiro por si mesmo», escrito en colaboración con Xosé Antón Castro (Xerais 2015) e «A morte de Valle-Inclán», en colaboración con Javier del Valle Inclán e José Monleón (Xerais, 2016).
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

A vinganza do defunto
Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo -cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns -co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis-, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.
Edición en galego
Editoral Xerais