futuro imperfecto

Alonso Díaz, Xulia

 

Editorial Galaxia

Localizacións

Areal do Vao. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas.

AREAL DO VAO

Ía un sol espléndido, polo que decidimos xantar no Breadouro, un lugar na praia do Vao onde iamos a miúdo des que nos coñecemos, por onde paseamos o embarazo de Lucía e, durantes os anos que viñeron, paseamos o noso amor ameazado pola morte pero vivo.

Xeolocalización

42.19802620216003, -8.793430005339877

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Rúa Cuba Mural 3ttman. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CUBA

Tomei decontado a iniciativa: chamei ao teu médico de cabeceira, malia as túas protestas, e fomos á súa consulta no Centro de Saúde da rúa Cuba, no corazón da cidade.

Xeolocalización

42.233197366371265, -8.716497003497892

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Rúa Torrecedeira. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TORRECEDEIRA

Estabas á espera de xuízo, en liberdade baixo fianza e, descartada a túa volta a Santiago, puxéraste a traballa nun pub rexentado polo teu irmán máis vello. Compartías piso con el. Rúa Torrecedeira, Vigo. Aí nos atopamos. Xa só a morte nos separou.

Xeolocalización

42.23043582462708, -8.73274000192389

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Canido. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CANIDO

Lidia vivía nunha casa cun pouco de terreo en Canido, onde instalamos unha pequena piscina para pasarmos alí algunha tarde e que Lucía se puidese bañar mentres os adultos nos refuxiabamos ao acubillo dunha nogueira enorme, parolando.

Xeolocalización

42.19409174493363, -8.7975433972261

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

En principio nin sequera foi, así que te trasladaron ao Hospital do Meixoeiro, un hospital que viña de inaugurarse na saída de Vigo, dirección Ourense, nun alto desde onde se divisaba unha magnífica panorámica da cidade e toda a ría.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Hospital Xeral Cidade da xusticia Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

HOSPITAL XERAL DE VIGO

Ao día seguinte tocábame consulta no Hospital Xeral. No despacho esa mañá estaban Celia e Antonio.

Xeolocalización

42.23074491977528, -8.716604069330248

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Balaídos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BALAÍDOS - CELTA DE VIGO

Na primeira ocasión en que o Celta xogou en Vigo, Xerome e Luz convidáronte ao estadio de Balaídos.

Xeolocalización

42.212102326627125, -8.739729944406571

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Alameda - praza de Compostela Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DE COMPOSTELA (ALAMEDA)

Quedamos ás catro da tarde na Alameda. Desde onde conseguín aparcar o coche ata o despacho do notario había que cruzar o parque, non moi grande por certo.

Xeolocalización

42.23945409000837, -8.722392293248634

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Praza da Industria Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

EUGENIO FADRIQUE (PRAZA DA INDUSTRIA)

Unha mañá, mentres ía traballar, mentres esperaba a que o semáforo da rúa Coruña coa praza da Industria se puxese en verde, sentín que non respiraba.

Xeolocalización

42.22491949421082, -8.735819850563955

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Sinopse

Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2010

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Eugenio Fadrique

Praza da Industria

Liña 3

Praza da Industria

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar