Alonso Díaz, Xulia

A Rúa, 1961

Cursou bacharelato e COU no Colexio Paulo VI da súa vila natal e iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Psicoloxía no ano 1979.

Fotografía: web editorial Galaxia - Lidia Romero

Biografía

En xaneiro de 1981 comeza a traballar como auxiliar administrativo na Xunta de Galicia, onde desenvolve a súa actividade laboral ata setembro de 2008, momento no que por motivos de saúde tivo que apartarse do mundo laboral. A descuberta, naqueles primeiros anos 1980, do mundo das drogas e a súa adicción a heroína durante tres anos, superada en 1985, deixarán unha pegada indeleble que marcará o seu futuro: o VIH.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Parada bibliográfica

Futuro imperfecto Xulia Alonso autora do Mapa Literario de Vigo

Futuro imperfecto

Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.

Edición en galego

Editorial Galaxia