vicvs: un lugar aquelado

luaces, beto

 

Editorial Bolanda

Localizacións

Montero Ríos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTERO RÍOS

Ás catro da tarde saíu ao exterior e abandonou o terceiro e derradeiro andar do número 22 da rúa de Montero Ríos, o denominado Edifício Mülder. Camiñou, ao abeiro dun paraugas negro, ben apegado ao resto edificios das Avenidas, coa inútil idea de avanzar por debaixo das balconadas e esquivar a chuvia que entraba desde a ría. Chegou deica a porta do Hotel Bahía e lembrou, como todos os días que pasaba por alí, a Néstor Eduardo, o colega venezolano falecido. Cruzou a rúa e mirou de esguello a enorme escultura do Nadador, que na explanada do peirao iniciaba o mergullo no medio dun suposto mar embravecido. Sentiuse retratado naquela figura enferruxada e cando penetrou no aparcadoiro centro comercial A Laxe, tamén el estaba mollado. Axiña, localizou o seu vehículo, subiu a el e abandonou o aparcadoiro colectivo. E cando estaba xa a transitar pola avenida de Beiramar, acreditou que a súa nova casa, que herdara naquel ano trala morte do seu pai, era xeitosa, aínda que pouco práctica por carecer de garaxe.

Xeolocalización

42.240682393563354, -8.722528844358807

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Bouzas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

BOUZAS

Un par de minutos despois, xa estaba fóra. Acelerou, accionou o mando do limparabrisas, e virou na rotonda cara á dereita O percorrido que tiña que cubrir era ben simple: conducir a rentes do mar, dirección Bouzas. De maneira que entrou na avenida de Beiramar e deixou atrás o centro comercial e, tamén, o peirao de transatlánticos.

Xeolocalización

42.226391690739405, -8.754436907651353

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Monte de A Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A GUÍA

A outra ocasión fora diante da casa dos Vallés, no barrio da Guía, e achou comezaba a estar afeito a aquela rutina dos seus clientes. Cando o portalón se abriu de vez, puido observar a grandiosa fachada da fábrica, levantada en 1928 co deseño do arquitecto local Gómez Román. Daquela, Manuel Peixoto volveu botar en falta a presenza do seu amigo Senén Barreiro para que o ilustrase con explicacións técnicas acerca daquel predio industrial. Con todo, foi quen de distinguir tres corpos e dúas naves xemelgas na fachada de granito en perpiaño e, tamén, como unhas grandes cristaleiras facilitaban a entrada de luz natural. E no cumio central da fachada, estaba escrito con grandes letras: CONSERVAS VALLÉS.

Xeolocalización

42.2170563416439, -8.740517444401991

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Beiramar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BEIRAMAR

Daquela, volveu escudriñar a traseira da conserveira. Chamoulle a atención o peirao, situado do outro lado da avenida de Beiamar, na denominada Ribeira de Coia, onde noutrora houbera unha praia. Achou que a organización do predio era perfecta. Nada estaba deseñado sen motivo e volveu recordar o seu amigo Senén Barreiro, o arquitecto, e coidou que había estar satisfeito da valoración que el mesmo viña de facer.

Xeolocalización

42.235365728656866, -8.733284093113626

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Guixar, Parrio de Teis. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

GUIXAR

Guixar era o lugar que albergaba, desde o ano 2011, a estación provisional de tren en Vigo. E o motivo era que a terminal ferroviaria de Urzaiz fora derrubada para construír unha nova, que había de acoller o futuro tren de alta velocidade.

Xeolocalización

42.241407151985385, -8.707968047294175

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Sereo, Edificio el Moderno Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SEREO

-Fáltame O Sireno!
Bisbou, para si ben morriñento e, decontado, deu en lembrar as conversas que- mantivera no pasado coa escultura de Francisco Leiro, na sua antiga casa. «Non se pode ter todo» pensou, ao recordar que o seu antigo apartamento de alugueiro estaba no terceiro andar do edificio denominado O Moderno, na Porta do Sol, e a galería da súa sala batía, de maneira frontal, coa cabeza daquela estraña figura, separada apenas por un par de ducias de metros.

Xeolocalización

42.23807866145648, -8.724926159750089

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Casa das Artes Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CASA DAS ARTES

Terminou, por fin, de subir a rúa, que remataba de maneira excelsa cunha sala de exposicións: A casa das artes, e un teatro: o García Barbón. Parou, logo, no semáforo para cruzar a rúa de Policarpo Sanz.

Xeolocalización

42.23792600259888, -8.722921373086097

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Edificio Sanchón, Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

EDIFICIO SANCHÓN

Peixoto foi o último en acadar a outra beirarrua de Policarpo Sanz e, logo, parou diante do portal do edificio que procuraba. Deseguido, afastou o paraugas, elevou a vista e no limiar do portal leu: 22 SANCHÓN. Non había dúbida de onde estaba e, a seguir, desviou a vista cara a un lateral da porta e descubriu unha placa que se erguía directamente das lousas chan. Era o típico cartel de ferro que o Concello de Vigo utilizaba para información acerca dos edificios senlleiros da cidade. Achegouse a e leu, na placa de metacrilato, que o arquitecto fora Francisco Castro Represas, que a obra rematara en 1941 e que o seu estilo era un claro racionalismo, aínda que heterodoxo. A decoración estaba inspirada no art decó, os balcóns remataban en curva e o conxunto semellaba inspirado na construción naval,e … E Peixoto continuou a ler, polo aire, e cando lle petou, rematou a lectura. A información que tiña xa era abonda para un neófito da arquitectura como el e o dato que máis lle chistou foi que o granito que usaran para a construción do edificio precedia do monte de Castrelos.

Xeolocalización

42.237607630695386, -8.722686244405837

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Museo da Conserva ANFACO. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MUSEO DA CONSERVA

Museo da conserva dicía o cartel na rotonda. Manuel Peixoto fixo caso das indicacións e penetrou no campus que a Universidade de Vigo tiña no lugar das Lagoas-Marcosende. «No puto monte!» esa era a frase que o detective pronunciaba cada vez que paraba por alí. E o certo era que na cidade olívíca ninguén entendía o motivo de levar as aulas universitarias tan lonxe do núcleo urbano. E o detective, tampouco.

Xeolocalización

42.16925369258415, -8.686550777233647

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Café UF

UF

Era as tres da tarde e aínda faltaban tres horas para estar con Goldar. Tiña que facer tempo. De maneira que cruzou a pequena rúa do Pracer e entrou no UF, un local mítico que exercía de café polo día e de club de jazz polas noites. Peixoto atravesou a porta e calculou que aquel lugar era do seu agrado desde había máis de trinta anos.

Xeolocalización

42.23640784776131, -8.725569512160826

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

La Metalúrgica. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LA METALÚRGICA

Avanzou, deseguida, pola avenida de García Barbón e parou diante de La Metalúrgica. Aquel edificio albergara, co inicio do século XX, a primeira empresa dedicada á fabricación de folla de lata e doutros envases metálicos. Fora unha iniciativa colectiva de varios empresarios conserveiros perante a necesidade de se fornecer de metal para as suas industrias. As ampliacións daquel predio, foran obra de dous afamados arquitectos locais: Jenaro de la Fuente e Francisco Castro Represas.

Xeolocalización

42.23845199268636, -8.710773315988831

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Salinae, antigas salinas romana. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com.

SALINAE - SALINAS ROMANAS

Decontado, chegou ao Areal, o barrio industrial máis importante do primeiro terzo do século XX. Aquela localización tampouco fora casual, xa que conectaba as antigas salinas e os talleres de transformación da sardiña, que desde a época romana se asentaban na zona. Alí, debía estar a fábrica La Artística, as conserveiras dos Curbera, tamén, as primeiras fábricas de Alfageme e Albo, Portanet, Tapias e os estaleiros Troncoso e Santodomingo, La lndustriosa e Barreras, ademais de varios talleres mecánicos, oficinas de consignatarios de buques, como Enrique Mülder, que fora o propietario do edificio onde habitaba, actualmente, o propio Manuel Peixoto nas Avenidas… Sen embargo, non atopou ningún rastro daqueles vestíxios, só edifidos residenciais onde, arestora, vivía moita xente.

Xeolocalización

42.239307833236474, -8.717591457474594

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Fábrica Álvarez, Santa Clara. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FÁBRICA ÁLVAREZ

A seguir, constatou que a fachada era branca e recordoulle a da fábrica de Álvarez, na parroquia viguesa de Lavadores. Coñecía ben aqueles dous exemplos de arquitectura industrial e, como ambos os dous, estaban abandonados. Comprendeu, ademais, que os predios compartían unha nova semellanza: a especulación urbanística caera, sen piedade, sobre eles e, malia todo, sobreviviran a aquel ataque. Aquí, estaba proxectado un hotel e mais unha urbanización de luxo con zonas deportivas exclusivas.

Xeolocalización

42.22652539346606, -8.6761366020783

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Museo Quiñones de León, parque de Castrelos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com.

QUIÑONES DE LEÓN

Ás cinco da tarde, Manuel Peixoto estaba en Castrelos, o meirande parque da cidade e o auténtico pulmón verde, coñecido, tamén, polo sobrenome de Finca da marquesa, xa que correspondía á antiga quinta do Pazo de Castrelos. Sen embargo, o seu nome oficial era o de Parque Municipal Quiñones de León. Vigo tiña aquelas cousas …

Xeolocalización

42.21253366076541, -8.730225601922967

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Edificio Mülder. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

EDIFICIO MÜLDER

Cinco minutos despois, estaba dentro do seu apartamento, no Edificio Mülder. Por sorte, Catarina continuaba sen parar alí. Apañou as chaves do coche e liscou.

Xeolocalización

42.24063071456483, -8.72206142698115

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Nesta terceira entrega, Catarina Barreiro asume un rol moi destacado, aínda que Manuel Peixoto continúa a ser o protagonista principal. A súa vida mudou moito. Tanto , que está moi descolocado, mais o que non mudou foi que continúa coa súa actividade profesional de investigador privado e a trama lévao, novamente, cara á serra do Suído para descubrir a existencia dun personaxe mítico e uns macabros imitadores …. E, por suposto, a cidade de Vigo segue a estar moi presente na trama como un personaxe máis.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Luaces, Beto. VICVS: un lugar aquelado. Editorial Bolanda, 2019. Uso do dereito a cita outorgado polo autor.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Bolanda

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Casa Mülder

Montero Ríos

Arquitecto Manuel Gómez Román

Liña 8

Beiramar

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar