vicvs: un lugar afastado

luaces, beto

 

Editorial Bolanda

Localizacións

Parroquía de Candeán

CANDEÁN

As nubes desapareceron do ceo e a lúa nova espallou a súa luz, formou un lene luar e permitiu que Senén Barreiro observase, desde a galería da casa familiar en Candeán, a paisaxe rural do arrabalde elevado de Vigo. (…) Concentrouse, aínda máis, na vista panorámica, e achou que nada mudara na paisaxe periurbana no último ano. Todo seguía do mesmo xeito no coñecido caos urbanístico do extrarradio da cidade máis grande e poboada de Galicia.

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

SAIÁNS

Teño un cuñado detective privado!” pensou e, despois, decatouse de que Manu xa estivera o ano pasado na celebración da Noiteboa. Naquela data, o motivo da súa presenza era para lle agradecer que os salvara do masacre do chalé de Saiáns. Senén sentiu un arrepío ao recordar o suceso e, decontado, acordou obvialo e, sen demora, seguir co repaso dos rostros da familia.

Xeolocalización

42.173820175184325, -8.811324785612323

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Praza da Miñoca, barrio de Coia

MIÑOCA

A seguir, recordou aquela conversa no inverno pasado, na praza da Miñoca, e comprendeou que non estaba orgulloso desa demora inxustificada. De maneira que acordou que Xenxo, o seu novo fillo, había saber, desde oprimeiro momento, que o seu pai era xudeu.

Xeolocalización

42.2170563416439, -8.740517444401991

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Edificio Mülder. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASA MÜLDER

Deseguido, lembrou que o día de Nadal, do ano pasado, o pasara nunha completa soedade no seu novo apartamento no Edifico Mülder e como a tristura se apoderara del. Non daba creto de que a súa vida familiar mudara tanto, e de maneira tan veloz, nun só ano.

Xeolocalización

42.24054731449757, -8.72210434232895

Praza da Constitución Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA CONSTITUCIÓN

Roi era o seu socio no estudio de arquitectura que tiñan na Praza da Constitución, en pleno Casco Vello vigués.

Xeolocalización

42.238614369120604, -8.726020002077933

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Peirao transatlánticos, estación marítima. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN MARÍTIMA

E chegou o día, e unha mañanciña fría de xaneiro de 1954, os dous amigos estaban ancorados na enorme explanada da Estación Marítima de Vigo. Diante deles agardaba atracado o New Holland, un gran paquebote da Real Mala Inglesa preparado para cruzar o Atlántico, …

Xeolocalización

42.241793876368725, -8.728017802077881

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

As Avenidas.- Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

NAÚTICO

(…). Logo, e antes de que a rúa que estaba a divisar morrese nas Avenidas, senén quixo ver o mar e só foi quen de abranguer algúns barcos de recreo que estaban ataracados na dársena do Club Náutico. Amolouse. Recordou que cando estaba en Bruxelas, o que máis botaba en falta era ver a ría viguesa.

Xeolocalización

42.24165664318592, -8.724486572412875

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Areal. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL

(…). Logo, situouse, de maneira visual, noutros xardíns, neste caso nos do Areal e alí pousou a súa mirada contra a estatua de Camilo Nogueira, titulada A despedida. Axiña, soubo que aquilo era unha metáfora ben clara e o arquitecto temeu que ese tipo de imaxes literarias volvesen entrar, doutra volta, na súa vida, como acontecera dous anos atrás, cando descubriu que o seu pai fora amigo dun poeta chamado Celso Emilio Ferreiro, na etapa que ambos os dous coincidiran en Caracas.

Xeolocalización

42.23911236949427, -8.715359115413825

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Beiramar. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BEIRAMAR

O coche arrancou e non demorou en percorrer, ben amodo, as Avenidas. Á dereíta quedaba a ría e mais o Náutico, onde horas antes o detective estivera a nadar. Logo, accederon á avenida de Beiramar e á man esquerda quedou a cidade vella e, despois, as fábricas medio abandonadas da industria da conserva e iso valeu para que o detective recordase o seu último caso. Achou, con certo pesar, que era inevitable andar pola cidade e non recordar escenas de todo tipo, da súa vida laboral anterior, na Policía Local, e mais da actual como investigador privado.

Xeolocalización

42.235365728656866, -8.733284093113626

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Alcabre. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALCABRE

O silencio persistía dentro do vehículo e, ao pasaren Bouzas, este fíxose ben molesto. Non obstante, cando chegaron a Alcabre e xurdiron as primeiras praias. O condutor falou:

 -Preséntoche a Couso -dixo Goldaar, sen deixar de atender na condución-. Como podes ver, este é o… xa non lembro o número de policiías en prácticas que me asignaron desde que marchaches.

Xeolocalización

42.21810470413489, -8.76775849178899

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Verbum, Casa das palabra, Samil. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VERBUM - CASA DAS PALABRAS

O traxecto continuou e, cando chegaron a Samil, o coche poicial detívose e parou dinate do VERBUM.

-Hostia! -berrou o detective-. Nunca probei a comida da Casa das palabras e, tampouco, nunca xantei nun museo.

 O condutor non dixo nada e botou unha ollada maliciosa polo espello retrovisor interior cara ao detective. O policía en prácticas despediuse e abandonou o vehículo para entrar no museo.

Xeolocalización

42.21307463508078, -8.773643017267462

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Río Lagares. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍO LAGARES

Axiña chegaron ao final de Samil, e tamén, á desembocadura do río Lagares. Non obstante, o condutor non atravesou a ponte e viurou á esquerda para avanzar río arriba. Peixoto continuaba ben desconcertado e tentaba recordar algún restaurante ou algunha humilde tasca que estivese nesa zona. (…)

Deron en xantar en silencio e o detective parou para ver a paisaxe a través dos vidros do vehículo policial. O seu ex-compañeiro non mentira, o sitio era espectacular: estaban na desembocadura do río que atravesaba a cidade e unha, non moi extensa, marisma formaba un ecosistema de alto valor ecolóxico.

Non demoraron en ver varias aves, que desafiaban a chuvia e mais os fortes refachos de vento que penetraban sen atrancos desde o océano Atlántico.

Xeolocalización

42.20347201692914, -8.778726667320875

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Bodegas Bandeira Manuel Esteban A ira dos mansos Álvarez Mapaliterario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

SALINAE

Despois, baixou a vista e reparou na existencia dun muro, que corría paralelo ao río, xa na outra beira. Aquilo, como ben lle dixera nunha ocasión o seu amigo e actual cuñado Senén Barreiro, era a parte que sobrevivira das salinas, instaladas na Idade Media e baixo o dominio do Mosteiro de Celanova, logo de se facer co cenobio de Coruxo, no ano 1152. Despois, esas instalacións aínda pasaran por varios donos ata que en 1675, o marqués de Valadares adquirira a súa concesión. Esa fora a súa época de esplendor na produción de sal. Finalmente, nos inicios do século XIX, cesara a actividade industrial e comezara o dererioro e, ao cabo, o desleixo actual, tal como, arestora, estaba a observar Peixoto dentro do coche policial. “E sempre hai algúen que se atreve a dicir que Vigo non ten historia!” Foi o que pensou, de maneira inconsciente, o detective, antes de continuar co xantar.

Xeolocalización

42.239307833236474, -8.717591457474594

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Xunqueira do Lagares Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

XUNQUEIRA DO LAGARES

Xuntos deron en camiñar a rentes da beira da xunqueira do Lagares e, logo, salvaron o río por unha ponte peonil de madeira.

Manuel Peixoto, viu, de esguello, a antiga ponte de pedra e, a seguir desta, a ponte nova para os vehículos. Daquela non puido evitar reparar na casa onde desembocaba a primitiva ponte de pedra. A casa era ben xeitosa e non sabía se volvía estar habitada. Recordou que alí houbera de todo, mesmo un puticlub. (…) Virou o corpo e non puido evitar observar a antiga depuradora e mais as obras da nova. A cidade meirande de Galicia tiña moito que purgar!

Xeolocalización

42.20091756149729, -8.775111830542619

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Monumento a Jules Verne Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

JULES VERNE

Deixou de observar o iate do morto e achegou a vista terra dentro. Xa no peirao e ao pé da estatua de Jules Verne, viu como un fato de mozos estaban a facer botellón. Botou, novamente, un sorriso, que non evitou que se sentise aínda máis vello.

Xeolocalización

42.241487919380596, -8.722903502077878

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Nesta terceira entrega, Catarina Barreiro asume un rol moi destacado, aínda que Manuel Peixoto continúa a ser o protagonista principal. A súa vida mudou moito. Tanto , que está moi descolocado, mais o que non mudou foi que continúa coa súa actividade profesional de investigador privado e a trama lévao, novamente, cara á serra do Suído para descubrir a existencia dun personaxe mítico e uns macabros imitadores …. E, por suposto, a cidade de Vigo segue a estar moi presente na trama como un personaxe máis.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Luaces, Beto. VICVS: Un lugar afastado. Editorial Bolanda, 2020. Uso do dereito de cita outorgado polo autor.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Bolanda

1ª edición

2020

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Xunqueira do Río Lagares

Rúa do Río

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar