Verne, Jules

Nantes, 1828 – Amiens, 1905

Viaxou a París para estudar Dereito por expreso desexo do seu pai, pero o ambiente literario da bohemia parisiense fará que se decida a se converter en escritor.

Fotografía: Wikimedia Commons - Félix Nadar 

Biografía

Jules Verne naceu en Nantes en 1828. Estudou leis en París e alí coñeceu a Victor Hugo e a Alexandre Dumas pai, e máis adiante ao seu fillo. Baixo a influencia de Edgar Allan Poe -a quen le nas traducións de Baudelaire- empeza a interesarse pola escritura e a ciencia-ficción. En 1857 casou cunha moza viúva, nai de dous fillos. Exerceu de corredor de bolsa ata a publicación, con gran éxito, de Cinco semanas en globo (1863), á que seguirían obras como Viaje al centro de la Tierra (1864); Veinte mil leguas de viaje submarino (1869); La vuelta al mundo en ochenta días (1872), baseada na viaxe do americano George Francis Train (1829-1904); La isla misteriosa (1874), e La casa de vapor (1880). Compartiu editor con Balzac e George Sand. Ao longo da súa vida realizou moitas viaxes que lle serviron de inspiración para algunhas das súas novelas, como a súa viaxe a Estados Unidos ou as súas travesías a bordo da súa propia embarcación. Morreu en 1905.

Bibliografía: Editorial Alfaguara

Paradas bibliográficas

Veinte mil leguas de viaje submarino Jules Verne Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Veinte mil leguas de viaje submarino

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza.Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «»Vinte mil leguas baixo dos mares» é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía».Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
Editorial en galego

Xerais

Editorial en castelán

Editorial Alfaguara