unha xigante ira colectiva

Reimóndez, María

 

Editorial elvira

Localizacións

Praza de América, Porta do Atlántico. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DE AMÉRICA

Mais cando unha está esperta é difícil pensar que o resto da xente dorme, mesmo se avanza pola avenidad de Castelao deserta e silente ata a praza de América e comenza a ascender pola praza da Independencia ata chegar a Camelias, á casa onde limpa as escaleiras, os cristais do portal, o ascensor.

Xeolocalización

42.220589623218224, -8.732527686734281

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Hispanidade, Vigo cidade de cor. Liquen. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

HISPANIDADE

Así que segue o proceso preestablecido e desanda o camiño feito sentindo o vento na cara e a poalla, tripando novamente sobre a alfombra de camelias caídas, cara a Hispanidade.

oa no medio da choiva e do vento (a menos que haxa ameaza de temporal e poidan caer árbores).

Xeolocalización

42.22938169638333, -8.729003831192971

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

prueba foto

EUGENIO FADRIQUE

Ela asistiu silente a todo o espéctaculo, con gana de chorar. Todo aquilo dáballe medo. Así que marchou sen dicir nada e saíu respirar o aire á esquina coa rúa Coruña. Mirou cara abaixo para ver o mar, máis alá daquel obreiro de metal que mazaba infinitamente co seu martelo o camiño cara á lonxa, aos estaleiro, ás praias.

Xeolocalización

42.22491949421082, -8.735819850563955

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Río Lagares. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LAGARES

Ela sorrira un pouquiño case sen gana. Non podía evitar a enerxía contaxiosa de Amaia, mesmo sabendo que vivía con outra xente xitana do barrio naquel pequeño poboado que estaba baixando cara o Lagares.

Xeolocalización

42.215612538567875, -8.706096557175293

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Igrexa do Carme. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

IGREXA DO CARME

Ficou parada diante do poste pensando de onde ían caer as referencias esas pero non lle deu tempo a moito máis porque o reloxo indicaba que tiña que regresar porque tiña aquela casa de Álvaro Cunqueiro, a que estaba a carón da igrexa do Carme, que atender e xa lle era hora de camiñar ata alí.

Xeolocalización

42.22386488869215, -8.73141545818041

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Fonte da Burra, Seara. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SEARA

Guiáraa dende o Freixeiro ata a Gran Vía e logo pola rúa Girona ata saír a onde as Camelias se unían a López Mora. De aí atravesaran a rúa e baixaran pola Seara ata un lugar que a Isadora non lle soaba nada. Era una especie de pequeño parque.

Xeolocalización

42.22409995328963, -8.733180030928278

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Hospital Nicolás Peña. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA

—Mercedes baixara dende o hospital, o Elduayen, ese que hoxe chaman Nicolás Peña, dáste conta?

Isadora sabía perfectamente onde era. Sempre a fascinara ese edificio, máis agora que lle chantaran unha torre de pisos enorme diante, o cal facía o contraste coas súas vidreira e pedra máis rechamante aínda.

Xeolocalización

42.22535368531571, -8.728043615414174

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Parque Rivera Atienza Lavadores Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

LAVADORES

Ela viña no tranvía dende Lavadores, era unha tirada enorme. Proviña dunha familia moi humilde e traballaba dende nena. Ao final conseguira facerse enfermeira.

Xeolocalización

42.22656442754392, -8.695558542364664

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

As Travesas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PINTOR COLMEIRO

Ao chegar á rúa Pintor Colmeiro a señora Berta pediulle que cruzasen. Quería ver a pequena instalación do outro lado. Unha serie de cadros do pintor. A Isadora gustáronlle. Entendía mellor as imaxes que as letras.

Xeolocalización

42.22473174577554, -8.727653030928275

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Praza da Miñoca, barrio de CoiaMapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PRAZA DA MIÑOCA

—Basicamente porque os meus pais deixaran máis propiedades en herdanza, alá neste sitio onde agora hai unha praza cunha escultura dun verme…

—A miñoca?

—Si, iso. Faime graza ese lugar.

—Un día imos.

Xeolocalización

42.2170563416439, -8.740517444401991

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

CEIP Illas Cies Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

COIA

O día que morreu a señora Berta foi o primeiro día en moito tempo que Isadora paseou polo seu barrio de Coia a media mañá. Sentou nun banco observar a xente. Aldara chamáraa moi cedo pola mañá, cando estaba tomando o café en Hispanidade, para dicirlle que a señora Berta falecera pola noite. Ela non soubo que facer, afeita a dirixirse á súa casa no Freixeiro.

Xeolocalización

42.22179397942839, -8.74106079623981

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Avenida Castelao, barco Alfageme, barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BARCO ALFAGEME

«Hoxe concentración. Non ao barco». Ela le con dificultade e tenta comprender. Que barco? Dá súas alancadas coas súas pernas longas e chega a carón da muller.

—Que é isto?

—Que vai ser! O do barco!

—Que barco?

—O Alfageme!

Xeolocalización

42.21846330102904, -8.74410510017874

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Cemiterio Santomé de Freixeiro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CEMITERIO DO FREIXEIRO

Mete o papel no peto e marcha axudar a Aldara a preparar o enterro. A señora Berta quería ser soterrada no cemiterio do Freixeiro, onde había aínda compañeiras «coas que bailara no San Xoán», dicía sempre para referirse ás súas amigas do hóckey e das loitas cidadás.

Xeolocalización

42.2187689005201, -8.72710530580312

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Parque da Bouza. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PARQUE DA BOUZA

Camiña polo barrio sen mirar cara a onde e chega, moito máis rápido do que habitualmente o faría, ao parque da Bouza, onde por fin acouga algo, onde por fin o descansar silencioso dos parrrulos e esa lagoa no medio da cidade lle dan algo de paz.

Xeolocalización

42.21285823824179, -8.747981830928635

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Museo Liste.Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MUSEO LISTE

Hoxe é o enterro da señora Berta e continúa o día dando voltas pola Espedrigada, polas rúas que soben e baixan, por diante do Museo Liste, pola Florida. As horas van pasando ata que volve achegarse ao cemiterio de Freixeiro e ao remate do enterro.

Xeolocalización

42.2180648561097, -8.730920344422541

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Sinopse

A instalación da factoría de Citroën en Vigo representa un punto de inflexión que marcará o devir da cidade e a súa bisbarra. Dende a súa inauguración constitúese como un referente de progreso para milleiros de viguesas e vigueses.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licencia editorial otorgada por Editorial  Elvira.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Elvira

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Río Lagares

Parroquia de Sárdoma

Liña 9

Parque da Bouza

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar