Unha presa de terra
Aleixandre, Marilar
Baía Edicións
Localizacións

VIGO
A DETECTIVE CANDEÁN
—Comprendo —dixo ela, tirando do maletín unha carpeta con documentación—. Aquí as ten. Non me coñecerá, aínda que levo algúns anos traballando, pois o meu despacho está en Vigo. E os asuntos que adoito ter entre mans son de carácter máis… doméstico. Confesareille que é a primeira vez que me enfronto a unha morte, a un…
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

INSTITUTO CALVARIO
UN INCÓMODO ENCARGO
Imposible non lembrala. Choni, a rapaza máis guapa do instituto, a que rompía corazóns con só un pestanexo, a que sacaba notas tan boas como ela ou mellores. Entre os doce e os quince anos foran inseparables. O mesmo instituto, o Castelao, as mesmas amigas… Depois Choni marcho de Vigo cos seus pais, as comunicacións espazáranse pouco a pouco até se cortar.
Xeolocalización
42.29587255206753, -8.735237036518514
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

VIGO
UNHA MULLER SEN HISTORIA
Ao contrario dos policías, mailia vivir en Vigo e non ter estudado en Compostela, non era a primeira vez que Ana visitaba o Artefacto Burbur. Viñera unha vez, facía un par de anos, a un recital de poesía con André. El explicáralle o nome do bar: un poema de Igor Lugrís sobre Tuone Udaina, alcumado Burbur, o último falante de dálmata ou vegliota. Porén, como todo o relacionado con André, era algo que procuraba esquecer, aínda magoaba.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
ESCAPANDO DE GONZÁLEZ
O único que desexaba agora era saír á rúa e tomar un pouco de aire antes de ir polo coche e volver a Vigo. Que facía nesta cidade, á parte de perder o tempo? Abriu a porta da rúa e case bate contra un home qu entraba nese momento.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
XOGOS PERIGOSOS
Mais os detectives privados poden tomar ron pola noite e a ninguén lle parece raro. Por que sabe o inspector Couto que eu bebo ron, se os seus homes non pasasn desapercibidos no Artefacto Burbur? Por riba ter que guiar de volta para Vigo ás tantas da madrugada, desafiando os controis de alcohol.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Un caso de Ana Candeán
A aparición do cadáver dunha moza nun ascensor é o comezo desta novela de intriga e investigación. A trama policial parece estar servida; sen embargo, o violento crime a penas deixa pistas que poidan actuar de fío conductor dunha arañeira chea de intrigas e sospeitosos. A detective privada que, por compromiso, se encarga do caso, colabora atipicamente coa policía, cun amor polo medio durante a investigación. Unha pesa de terra foi a narración gañadora do Premio de Novela por Entregas 2001 de La Voz de Galicia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Aleixandre, Marilar. Unha presa de terra. Baía Edicións, 2001. Uso do dereito a cita.
Editorial
Editorial en galego
Baía Edicións
1ª edición
2001
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
IES Castelao
O Calvario
Liña 1
IES Castelao
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.