Todos somos
calveiro, marcos
Editorial Xerais
Localizacións

RÍO LAGARES
O operativo céntrase no esteiro do río Lagares e no encoro de Zamáns.
Nos días pasados membros do corpo de Bombeiros da cidade, asistidos por persoal de Protección Civil, rastrexaron o tramo do río Lagares que atravesa a cidade.
Xeolocalización
42.215612538567875, -8.706096557175293
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

ENCORO DE ZAMÁNS
Ante a escaseza dos medios locais e a difucultade das tarefas de rastrexo, foron requiridos os servizos dos submarinistas dos GEO, que rastrexaron a fondo o esteiro do río así como o encoro de Zamáns, pois algunha información tamén situaba a menor nas súas inmediacións.
Xeolocalización
42.15887781352282, -8.687483691404164
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

PRAZA DA MIÑOCA
Despois rodeou o edificio do Conservatorio e chegou á praza da Bichoca. Realmente era o interior dun bloque de grandes edificios de vivendas que semellaban competir entre eles por cal era o máis laido. Atravesou uns soportais e saíu a unha gran praza que ficaba no medio dos edificios. Detívose e observouna devagar. Estaba toda cuberta de céspede e atravesada en diagonal por un camiño de terra. Nunha esquina había un parque con bambáns, tobogáns e castelos de madeira. Na outra, unha fonte formada por varias fervenzas en cades. Unha xigantesca bichoca de teselas cobreadas xurdía da terra no medio do parque e volvía afundirse para aparecer de novo case onde a herba rematada.
Xeolocalización
42.2170563416439, -8.740517444401991
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASTRELOS
O camareiro colleu o mando a distancia e subiu o volume. Lina Souto prestou atención. Belén Soliño deu paso a unhas imaxes e unha viuse discutindo coa xornalista e co cámara a véspera, na ponte do parque Quiñones de León e despois empurrando polo pai para sacalo do río.
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o domingo cando todos foron conscientes da brutal realidade e de que a cousa ía en serio.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2013
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Praza da Miñoca
Barrio de Coia
Liña 9
A Miñoca
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.