Solla, Calros

Pontevedra, 1971

Profesor de lingua, etnógrafo e escritor.

Fotografía: arquivo do autor

Biografía

No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do SeixoA Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho.

Bibliografía: Edicións Morgante

Paradas bibliográficas

Herba de Vigo, Calros Solla autor do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Herba de Vigo

e derrogando un xaxún de séculos,

rosalía rogoulle a compañel:

–fai bistés!

Editorial en galego

Edicións Morgante