Silva, Lorenzo

Madrid, 1966

Un dos grandes referentes da literatura contemporánea e as súas novelas policiacas e históricas suman máis de dous millóns de lectores.

Fotografía: web do autor

Biografía

Escribiu, entre outras La flaqueza del bolchevique (finalista do Premio Nadal 1997), Carta blanca (Premio Primavera 2004), Recordarán tu nombre ou o seu recente Castellano. É autor do libro de viaxes Del Rif al Yebala (Premio Algaba de Ensaio).

 

Súa é tamén a exitosa serie protagonizada polos investigadores Bevilacqua e Chamorro, da que El mal de Corcira é a última entrega, tras El alquimista impaciente (Premio Nadal 2000) ou La marca del meridiano (Premio Planeta 2012), entre outras. Xunto con Noemí Trujillo, asina unha serie policiaca que consta xa de dúas entregas, Si esto es una mujer (2019) e La forja de una rebelde (2022).

Bibliografía: Editorial Destino, Planeta de los Libros

 

Paradas bibliográficas

La llamada de Focea Lorenzo Silva autor Mapa Literario de Vigo

La llama de Focea

Queralt Bonmatí, unha moza barcelonesa de familia podente, aparece asasinada nunha paraxe idílico do Camiño de Santiago. Saíra tres semanas antes de Roncesvalles, onde tivo un incidente cun descoñecido, pero esta é só una das pistas que non axudan a unha resolución rápida. O subtenente Bevilacqua recibe do máximo xefe do corpo, o tenente xeral Pereira, o encargo de ocuparse da investigación, dado o perfil do pai da vítima, Ferran Bonmatí, un expolítico e empresario vinculado ao independentismo catalán que á súa vez está no radar da xustiza polas súas escuras actividades en apoio do desafío ao Estado. O caso levará a Bevilacqua desde Lugo ata Barcelona, a cidade á que chegou nos días do soño olímpico, onde viviu acontecementos que removerán o seu corazón e a súa memoria e que no outono de 2019 verá incendiarse coa chama dunha rabia que vén de lonxe. Unha chama á que non era allea a vítima, unha moza díscola de vinte anos que, tras revolverse contra os seus, facía o Camiño para atopar o seu propio lugar.

Editorial en castelán

Editorial Planeta