Shanghai a Barcelona
Castro Moure, Amador
Editorial Xerais
Localizacións

VIGO
Sen me decatar, xa é negra noite. Non pode faltar moito para a saída do tren. Plataforma número dous. Tren-hotel destino A Coruña e Vigo. Vou erguer o cu do asfalto, cando o home acorda.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
E cumpriu. Estivo con ela a todas as horas. Ocupouse do poético e do prosaico. Até que un día recibiu unha chamada dun bufete de notarios de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
— Calquera ser. O Leo non tiña futuro cunha enferma terminal. En Vigo había unha herdanza coa que comezar unha vida.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
«Algo sei do que lle dixeches. Non te coñezo, pero si os da túa caste. Barallocas argallantes encantados de se coñecer.» Despois dixo, seca: «Leo morreu nada máis chegar a Vigo. Colleuno un coche ao baixar do autobús, despistado, coa cabeza noutro lado. Á Amparo non llo contei. Ti xa sabes por que cho digo».
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.»Shanghai a Barcelona» é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.»Shanghai a Barcelona» é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Senda Verde
Vigo – Chapela
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.