Santiago,

Mikel

Portugalete (Biscaia), 1975

Comezou escribindo relatos e novelas curtas, e publicando os seus propios e-books na internet, co que conseguiu chegar á lista de best sellers en liña en EE.UU., España e Latinoamérica.

Fotografía: web do autor

Biografía

Ao seu aclamado debut editorial con»La última noche en Tremore Beach» (2014), seguírono as novelas «El mal camino»  (2015), «El extraño verano de Tom Harvey» (2017, «La isala de las últimas voces» (2018) e «El mentiroso» (2020), todas elas en Edicións B. Os seus títulos escalaron ata os primeiros postos nas listas de best sellers en España e foron publicadas nunha vintena de países, conquistando por igual aos lectores e á crítica literaria. Na actualidade, está considerado como un dos mellores autores de thriller a nivel internacional.

Con «El mentiroso» comezou unha serie de novelas ambientadas en Illumbe, un pobo imaxinario do País Vasco, no que tamén transcorren «En plena noche» (2021) e «Entre los muertos» (2022).
Mikel viviu en Dublín e Amsterdam case unha década, actualmente reside en Bilbao, onde segue tocando versións coa súa banda.
Ademais da súa carreira como novelista, traballa en conceptos e guións de series. Varios dos seus títulos están en proceso de adaptación á pequena e gran pantalla.

Bibliografía: web do autor

 

Paradas bibliográficas

En plena noche Mikel Santiago obra incluido no Mapa Literario de Vigo

En plena noche

Pode unha noite marcar o destino de todos os que a viviron? Pasaron máis de vinte anos desde que Diego Letamendia, estrela do rock en declive, actuou por última vez no seu pobo natal, Illumbe. Esa foi a noite do final da súa banda e o seu grupo de amigos, e tamén a da desaparición de Lorea, a súa noiva. A policía nunca logrou esclarecer o ocorrido coa moza, que foi vista saíndo a fume de carozo da sala de concertos, coma se fuxise de algo ou de alguén. Despois daquilo, Diego emprendeu unha carreira de éxitos en solitario e xamais regresou ao pobo.

Edición en castelán

Ediciones B