Sándalo
porteiro, maría xosé
Editorial Galaxia
Localizacións

VIGO
Entrando xa nesta cuestión, debo dicir que recibín do noso contacto no consulado de Cuba en Vigo os documentos que esperaba. Logo da súa análise, detecto que os servizos de información franquista tratan de crear confusión por se caen en mans inimigas.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

CANDEÁN
Ela quixo vivir na miña casa porque lle gustaba o ático. No primeiro andar, Lázaro e mais eu tiñamos unha sorte de apartamento e na planta baixa estaban as dependencias de Leonarda. Desde ese fermoso predio da parte alta de Vigo, en Candeán, a ría despregábase impúdica e as illas das Deusas, como sempre lles chamabamos ás Cíes, eran o lugar ao que dirixiamos a ollada durante a meditación das primeiras horas do día.
Xeolocalización
42.22418323629559, -8.656734970658936
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

RÍA DE VIGO
Abriu as fiestras, deixou caer as cortina de tule para filtrar a luza ambigua do atarceder, contemplou a ría de Vigo que estouraba en azuis, violetas e dourados na proximidade do solpor e serviuse café dun termo na cunca preferida da súa curmá. A diferenza de Shana, a ela gustáballe moi doce, así que tirou do bulso un par de pedras de azucre de cana.
Xeolocalización
42.24140308412322, -8.824935816612497
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MARCO (CÁRCERE)
Pero a policía seguía os pasos do seu pai, e pasados motios anos, Xermán confesoulle que estivera varias veces nos calabozos do cárcere de Vigo, sometido a vexacións que non chegaron a tortura, pero nalgún momento recibiu o aviso de que estaría mellor fóra do país.
Xeolocalización
42.23576123570263, -8.721132457741655
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VIGO
Non se perdoaría arriscar a súa vida nin a delas. Cando comezou os contactos coas células comunistas reactivadas en Madrid e Vigo, conectadas coa mocidade universitaria de Compostela e os obreiros comprometidos das industrias de Vigo e Ferrol, estaba cumprido co mandato que lle dera o Che.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Axudábao o misterio que o rodeaba por ser o dirixente antifranquista dun partido de ultraesquerda no Vigo de fanais dos sesenta. Era un home poderoso, autoritario, culto, retornado de Berlín, onde fora líder sindical, e cun sentido do amor mais libre do habitual na época.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
A nave de Sándalo percorre doucentos anos de historia entre Europa e América.
Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
A Madroa, parroquia Candeán
Vista panorámica Ría de Vigo
Liña 1
Candeán
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.