Sánchez Gálvez, Manuel

Granada, 1974

Enxeñeiro industrial e vive en Vigo dende o ano 2000. Iniciouse na escrita no ano 2014.

Fotografía: Editorial Galaxia - web

Biografía

A súa participación en diversos obradoiros literarios animouno a escribir en lingua galega. Publicou relatos en galego e castelán en varias antoloxías. Ademais, en 2015 acadou o Primeiro Premio no XIII Certame da Lonxa Literaria de Moaña e foi finalista do Concurso de Novela por Entregas de La Voz de Galicia cunha historia que finalmente se converteu neste Maelström, Maelström, a súa primeira novela, que reborda paixón pola cidade que tan ben o acolleu.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Paradas bibliográficas

Maelström Maelström Manuel Sánchez Gálvez Maelström Mapa literario de Vigo Biblitoeca Xosé Neira Vilas

Maelström, Maelström

E se o Capitán Nemo estivese a vagar por Vigo dende o afundimento do Nautilus?

E se levase 150 anos atrapado na cidade por unha maldición da que non é quen de escapar? E se a súa historia se cruzace coa dunha muller dos nosos días e a súa filla de seis anos? Nesta súa primeira novela, Manuel Sánchez Gálvez revélase como un autor na procura dunha narrativa de aventuras que nos leva de viaxe polos universos de Verne e de Nemo, mais tamén polas dificultaces que unha muller moderna e triunfadora no mundo empresarial pode atopar cando o seu mundo, que cría seguro, se esboroa. Unha novela engaiolante.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Os consellos de Carlos Calvo Manuel Sánchez Gálvez Editorial Elvira Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Os consellos de Carlos Calvo

Na actualidade as novas correntes urbanísticas favorecen a rehabilitación dos centros históricos, na que os veciños de toda a vida son substituídos por outros novos con outras expectativas e xeitos de vida. As actividades de lecer e o turismo chocan coa vida de barrio tradicional. As poucas persoas que resistiron ao paso do tempo seguen sen atoparse cómodos no novo devalo.

Este é o contexto por onde transitan os protagonistas do relato Os consellos de Carlos Calvo. O dilema de deixarse atrapar pola sociedade moderna e tecnolóxica ou tratar de manter vivas unhas relacións máis humanas onde trunfe a racionalidade.

Alberto Vilaboa Pérez

Edición en galego

Editorial Elvira