Sánchez Fernández, Óscar
Formado en Químicas pola Universidade de Vigo, dedicouse sempre á docencia.
Fotografía: Editorial Tandaia - webBiografía
Na actualidade é dono dende hai case unha década do Centro de Estudos Academia Brétema da cidade olívica. Compaxina o seu traballo co fútbol, exercendo como entrenador.
Outra das súas grandes paixóns é a lectura, chegando a ler un mínimo de catro novelas ao mes. Desta paixón, despois de dous anos de ardua documentación e viaxando aos lugares que a novela relata, xurdiu Codex Gigas«, unha historia que o atrapou dende un inicio.
Prefiro unha morte misteriosa que unha vida sen misterio.
Bibliografía: Editorial Tandaia
Parada bibliográfica

Codex Gigas
Elisabeth, inspectora de Policía de Vigo, debe resolver un macabro asasinato no que, non sendo o primeiro de varios, todo apunta cara a unha seita satánica. Para a súa resolución contará coa axuda de dous homes cun potente contrapunto: Mateo García, un cura experto en investigacións relacionadas coa Igrexa, e Mario, que a pesar de ser o mellor neste campo, foi excomungado por prácticas pouco ortodoxas. Pronto descubrirán unha pugna entre dúas faccións eclesiásticas, piagnoni e arrabiatti, onde a Biblia do Diaño ou Códex Gigas xogará un importante papel.
Unha novela de ritmo rápido e trepidante, chea de acción, Historia e xiros sorprendentes que nos levará dende a Idade Media ata a actualidade, pasando por cidades coma Roma, Estocolmo, Florencia ou Vigo.
Edición en castelán
Editorial Tandaia