Rodríguez Villar, Pedro

Nigrán, 1996

Neto de Lano, un home de mar que non sabe ler nin escribir e que conta as mellores historias do mundo.

Fotografía: arquivo do autor - medios sociais

Biografía

Co seu exemplo, e grazas ao esforzo dos seus pais, el tamén pode soñar con contar historias. Vive entre o xornalismo, o teatro, o cinema e os libros, e xa gañou varios premios literarios, entre eles, o Xuventude Crea 2023 de Novela Curta por «Alén da néboa». O seu primeiro libro publicado foi «O amor das pedras» (2021).

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

Alén da néboa Pedro Rodríguez Villar autor do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Alén da néboa

Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza? Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e decide apuntarse a un novidoso programa de doazóns de felicidade a través do que consegue toda a alegría de Lucky a cambio da súa tristura. Ledicia naceu en Baroña, unha aldea illada por unha densa néboa onde todos deben medrar felices para poder salvar os seus deuses abatidos. Escudriñando as vidas de Ledicia e de Mario descubriremos unha sociedade que, como a nosa, loita por curar a súa tristeza e ansiedade, pero… a que custo?

Edición en galego

Editoral Xerais