querido tomás
neira vilas, xosé
Editorial galaxia
Localizacións

VIGO
E vaise falando e escribindo de cousas que antes nin pensalo, vánselle poñendo nomes ós feitos e ás andainas de agora; xuntas, parlamentarios, dereitos con deberes e esquerdas contra dereitas comisións negociadoras, propostas e respostas, poderes normativos, coordinadoras, proxectos, asambleas, estados de opinión, bases constitucionais, lexitimidades, pre e para, e as palabras esparexen ideas —benvidas, se son para ben— ideas que medran e vanse inzando, e por iso andaron polas rúas de Vigo e da Coruña e de moitos outros lugares, aquel domingo día catro, milleiros de persoas con bandeira e pancartas, cantando o himno, que din os rumorosos, dándolle vivas ó que ha de vir tras desa xornada autonómica e das moitas xornadas que hai por diante…
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Sara, unha mestra rural, recorda a Tomás, o seu amor de adolescencia, que marchou para o Brasil con dezanove anos e nunca máis soubo del. Nos días de agosto, sen a compaña dos nenos da escola, dóese da súa soidade e evoca o tempo ido. Son os anos da guerrilla antifranquista, do contrabando do wolfram.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2011
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
1 de Maio
© xornal A Nova Peneira
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.